Mostrar mensagens com a etiqueta Paulo Borges. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta Paulo Borges. Mostrar todas as mensagens

22 dezembro, 2011

Cantos na Maré 2012 - Mais Uma Bela Celebração da Lusofonia!


Via Vidavedra e em galego, no original:

«Xuntar no escenario algunhas das voces máis interesantes das músicas de lingua galega e portuguesa. Ese é un dos principais atractivos de Cantos na Maré, o festival internacional da lusofonía que o sábado 14 de xaneiro ás 21:00h volve ao Pazo da Cultura de Pontevedra para celebrar a súa novena edición, de novo coa dirección artística de Uxía.

Carlos do Carmo, historia viva do fado con case 50 anos de carreira, e Mayra Andrade, chamada a ser a sucesora de Cesária Évora na difusión internacional da música de Cabo Verde, son dúas das principais referencias desta edición. Xunto a eles estarán a brasileira Socorro Lira, coa súa reinterpretación do legado musical atlántico, e Xoán Curiel, cantautor pop galego libre de prexuízos.


O espectáculo virá, coma sempre, precedido de varios días de ensaios para que os convidados se coñezan e constrúan xuntos un repertorio orixinal que fai de Cantos na Maré un espectáculo único. Contará coa dirección musical de Paulo Borges (Azores-Portugal), que tocará o piano e estará á fronte dunha banda que completan José Manuel Díaz (Cuba, contrabaixo), Quiné (Portugal, batería e percusións), Moisés Fernandes (Portugal, trompeta) e Sérgio Tannus (Brasil, guitarra e cavaquinho).

Cantos na Maré é unha produción de Nordesía, co patrocinio do Concello de Pontevedra e a colaboración da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e Novacaixgalicia. A nova edición presentárona esta mañá na Casa do Concello de Pontevedra a concelleira de Cultura da cidade, Anxos Riveiro, o director-xerente de Nordesía, Paco de Pin, e a directora artística, Uxía.»

Na foto: Socorro Lira.

10 dezembro, 2008

Cantos na Maré - A edição 2008 Começa Hoje


Com direcção artística da cantora Uxía e direcção musical de Paulo Borges, a edição deste ano do Cantos na Maré - Festival Internacional da Lusofonía, inicia-se hoje, dia 10, em Pontevedra, Galiza, com uma mostra de cinema e continua nos próximos dias com um grande concerto que vai reunir Paulinho Moska (Brasil), Sara Tavares (Cabo Verde), Waldemar Bastos (Angola), Sérgio Godinho (Portugal) e Xabier Díaz (Galiza) - no dia 13 -, encontros com artistas lusófonos e a constituição de uma rede de agentes e produtores ligados à música do espaço lusófono.

Para quem não sabe, o Cantos na Maré - Festival Internacional da Lusofonía «é un proxecto cultural pioneiro e exclusivo no estado español, creado en Galiza cunha singular aposta cultural: trazar a través da lingua, da música, dos ritmos e dos sons un mapa común entre os territorios da lusofonía que comparten raíces.

CNM é unha iniciativa de aproximación de culturas e do fomento da diversidade, da interacción e da apertura de oportunidades á creación artística e ao intercambio.

O espectáculo musical, baseado na investigación e no enriquecemento, representa un dos eixes básicos da estrutura do proxecto. Este intercambio cultural activo é a base da filosofía, resultando un produto musical exclusivo de altísima calidade artística e humana».

Toda a informação, aqui.