Mouchos, curuxas, sapos e bruxa...
Amosámosvos algunhas das realizacións plásticas que fixemos no que levamos de outono e que decoran o noso corredor.
Sodes uns e unhas grandes artistas!
(Máis imaxes na galería)
Mouchos, curuxas, sapos e bruxa...
Amosámosvos algunhas das realizacións plásticas que fixemos no que levamos de outono e que decoran o noso corredor.
Sodes uns e unhas grandes artistas!
(Máis imaxes na galería)
Na xornada de hoxe visitamos o laboratorio de cociña acompañados dos nenos e nenas de 6º de Infantil. Eles/as foron os encargados/as de explicarnos todos os pasos para facer un ourizo con froitas de temporada, peras e uvas. Tamén tiñamos figos e mazás pero non os utilizamos desta vez.
Picando na imaxe poderedes ver máis fotos deste laboratorio que ademais de divertirnos repasamos e traballamos con conceptos matemáticos como a metade ou a decena.
Os nenos e nenas de 2º de Primaria gravamos este vídeo recitando un poema sobre o Outono de Antonio García Teijeiro.
O noso compañeiro Marco García envíanos este fermoso vídeo recitando un poema do Outono de Antonio Garcia Teijeiro.
Encantounos Marco!! Eres un artista! Moitísimas grazas!
Unha aperta de todos os teus compañeiros e compañeiras!