Amosando publicacións coa etiqueta horticultura. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta horticultura. Amosar todas as publicacións

16.6.25

Receita refrescante_2ºB/3º EP

Co verán xa á porta e con estes días de calor apetecía refrescarse un pouco. Fomos a Aula de cociña para elaborar uns ricos xeados de amorodo recollidos en parte no noso horto escolar. 

Agardaremos á xornada de mañá para degustalos. Xa nos tarda! 

Deixámosvos algunha imaxe do proceso. 




12.6.25

2ºA_Receita... xeada!

Premer na imaxe para acceder á galería de fotos

Finalizamos o curso cunha receita... moi xeada!

Despois de recoller os amorodos do horto escolar, os cales plantamos no educa-tribo de horticultura, fomos á aula de cociña para lavalos ben e realizar unha última receita: xeados de amorodos e laranxas en moldes con forma de estrelas e gatos.

A vindeira semana despediremos o curso refrescándonos cun xeado do máis natural (aclarar que non puidemos resistirnos a probar a receita, tal e como podedes ver nas imaxes da galería de fotos)

16.1.25

Educa-tribo: horticultura

O pasado mércores todo o alumnado do centro desenvolveu un educa-tribo de horticultura impartido por Belén Garrido, nai dos alumnos Pedro e Pablo.

Previamente prepararon o terreo co alumnado de 3º ciclo de Educación Primaria e onte os alumnos máis pequenos plantaron amorodos, estamos desexando poder facer ricas receitas con eles.

Moitas grazas a todas as familias participantes neste programa, Lectura e Familias, que nos axudan a enriquecer as prácticas diarias. Podedes ver todas as fotos da xornada premendo na seguinte imaxe.