O pasado mércores o alumnado de 1º de Educación Primaria realizou unha visita aos diferentes servizos que compoñén unha vila, dentro da materia de ciencias sociais. Agradecer a todas as persoas que moi amablemente os recibiron, lles explicaron o traballo que se realizaba na súa dependencia e incluso lles derón un agasallo. Visitaron a policía local e a garda civil, o concello onde os recibiron o alcalde e a Concelleira de Cultura, as oficinas de correos, a farmacia, a panadería do Forno Novo que os agasallaron cun biscoito e un boliño de pan para cada un deles, o mercado, o centro de saúde e a nave das redeiras. Podedes ver todas as fotos no seguinte enlace: visita a Malpica.
Amosando publicacións coa etiqueta Malpica b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Malpica b>. Amosar todas as publicacións
18.11.24
19.12.21
6°EI - 1°EP - 2°EP - Contos e cantos con Teresa dos Cucos
Como remate deste 1º trimestre escolar no que puxemos o acento na tradición oral de Malpica tivemos a honra de que nos visitase Teresa dos Cucos, unha veciña do lugar de Pontella que vén de recibir a distinción de Mestra da Memoria 2021, galardón que cada ano a AELG outorga a aquelas persoas que contribúen a manter viva unha parte fundamental da nosa memoria colectiva e saber popular.
O alumnado de 5º de primaria entrevistouna na nosa Radio Balea e despois foi recibida polos nenos e nenas de 6º de EI, 1º e 2º de primaria na biblioteca. Alí Teresa contounos e cantounos.
Amosámosvos imaxes e un pequeno vídeo deste fermoso encontro. Unha xornada ben pracenteira!
Grazas por vir, Teresa!
28.9.21
Que sabemos sobre Malpica? 1º E.P/6º E.I
Ola a todos e a todas:
Os nenos e nenas de 1º de Primaria, xunto cos compañeir@s de 6º de Infantil, visitamos Radio Balea para facer a nosa primeira gravación deste curso e contarlle ao mundo que coñecemos do noso Concello, Malpica de Bergantiños, xa que no noso colexio estreamos un novo PDI que leva por nome: Nós, patrimonio in-MATERIAL
Este é o podcast.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)