Mostrando entradas con la etiqueta Educación ambiental. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Educación ambiental. Mostrar todas las entradas

jueves, 17 de mayo de 2012

130 alumnos ourensáns celebraron o día Internacional das Aves Migratorias na Aula da Natureza do río Miño



Na primeira quincena de maio 130 alumnos achegáronse á aula da natureza do río Miño en Ourense para celebrar o día Internacional das Aves Migratorias da PNUMA. Esta actividade desenvolvida pola Concellería de Educación do concello de Ourense e coordinada por Luis Herminio Amigo responsable de educación ambiental do devandito ente local.


As actividades consistiron en charlas de identificación de especies e observación no campo, acompañadas de actividades de marcaxe de aves silvestres.


Adxunto a presentación en powerpoint que realizamos durante as actividades desenvolvidas na aula da natureza do río Miño, nocións do anelamento de aves silvestres, impartido para os alumnos ourensáns (Tedes máis presentacións no seguinte enlace).



Grazas a Luis Herminio Amigo e a Raúl Fernández por contar coa nosa humilde colaboración.

Un saúdo.

domingo, 22 de abril de 2012

Curso de ornitoloxía na Aula da Natureza do río Miño, Ourense

A primeira quincena do mes de maio impartirei xunto a Raúl Fernández (responsable de Bilurico Medio Ambiente) e Luis Herminio Amigo (coordinador da Aula da Natureza río Miño) un curso de ornitoloxía con motivo da celebración do Día Mundial das Aves Migratorias, adxunto o programa do curso: Curso Ornitoloxia Aula Minho Ourense

miércoles, 14 de diciembre de 2011

En memoria de Ánxel Vila


O pasado día 12, faleceu Ánxel Vila, patrón do “Xurelo” de Ribeira, que loitou pola defensa do mar, opoñéndose coa súa embarcación, e xunto a simpatizantes de Greenpeace, os vertidos realizados por mercantes holandeses de residuos nucleares na Fosa Atlántica, polo ano 1981.
Dende este humilde blogue, dar as grazas a Ánxel… grazas por defender o noso mar da barbarie e a ignorancia… Descansa en paz.

lunes, 26 de septiembre de 2011

miércoles, 16 de junio de 2010

Programa de charlas da feira Alternalia


Os vindeiros días 21 e 23 de xuño, están programadas as seguintes charlas de temática ambiental, con motivo da celebración da feira de bioconstrución, enerxías renovables e ecoloxía “Alternalia”. Organizado pola concellería de Medioambiente do concello de Moaña.

LUNS, 21 DE XUÑO:
19:30 H. "Proxectos de autoxestión de residuos orgánicos"
Domingo Pérez. Equipo de Ecoloxía do Solo e Biotecnoloxía Ambiental Dep. Ecoloxía e Bioloxía Animal Facultade de Bioloxía Universidade de Vigo
20:30 H. Proxecto piloto de compostaxe caseira e comunitaria na mancomunidade do Morrazo
María Rodríguez Lafuente. Coordenadora dos programas de compostaxe e vogal de residuos de ADEGA.
MÉRCORES, 23 DE XUÑO

19:30 H. “A avifauna na zona intermareal da Xunqueira”.
Alberto Pastoriza Barreiro. Técnico Superior Recursos Naturais e Paisaxísticos (Grupo de anelamento ANDURIÑA)
20:30 H. “Cetaceos nas costas de Galicia”
Francisco Javier Turnes Díaz. Educador Medioambiental (CEMMA).
Lugar: Edificio na avda. Concepción Arenal 170, Moaña, Pontevedra.

jueves, 1 de octubre de 2009

Día mundial das Aves


Estades todos invitados, polo Grupo de Anelamento Anduriña, ó vindeiro día 04 de outubro á celebración do día mundial das aves en Punta Balea, Cangas.


Agardamos a vosa asistencia.


Un saúdo.