Mostrando entradas con la etiqueta mandioca. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta mandioca. Mostrar todas las entradas

12/11/11

Día de experimentos

Hoxe é día de experimentos ou, mellor dito, de xogar un pouco na cociña. Preparei unha masiña sinxela con fariña, cabaza, leite, un pouco azucre, especias e un chisco de lévedo.

Amasei e deixei levedar 90 min, logo metin a masa no frigorífico toda a noite.

Pola mañán dividina en dous. Cunha parte fixen este boliño, que foi ao forno:

E coa outra parte fixen unha especie de baozi que coceron na vaporeira:


Quedaron ricos, suaves, lixeiros e esponxosos (aínda que na foto non o parecen). A cor era moi bonita, na foto saen así de desmellorados porque está feita co móvil, tiña a cámara sen batería. Rebentaron ao coceren, nunca me pasara. Terían precisado máis repouso.

Os ingredientes da masa común son:

360 g fariña candeal (Froiz / Gabino Bobo)
50% cabaza cocida (no microondas para que non colla auga)
5% azucre moreno
algo menos do 60% leite
0,3 % lévedo seco
canela
cravo moído
noz moscada
xenxibre fresco ralado
un chisquiño de sal

Xa para rematar, cunha pouquiña cabaza que me sobrou, improvisei unhas gominolas feitas con amido de mandioca (polvilho doce):

Non é que estean malas, pero a min todo o que leva amido de mandioca sábeme a pão de queijo. Un sabor curioso.

24/7/10

Máis pão de queijo

INGREDIENTES
200 gr polvilho doce (amidón de mandioca)
200 gr queixo ralado
4 gr sal
2 ovos batidos
50 gr leite
80 gr aceite de xirasol

PREPARACIÓN
Quentar o leite e o aceite ata que estean a piques de ferver e mesturalos coa mandioca e o sal.
Engadir os ovos un a un.
Engadir o queixo.
Formar boliñas (non importa se non son moi perfectas porque crecen no forno e quedan ben redondiñas).
Enfornar 17 minutos a 200ºC

PROCEDENCIA
Receita de Josep Pascual no Foro del pan. Elimino o azucre e engado sal. Dependendo do queixo, pode que non precise tanto sal.

12/7/10

Pão de queijo mineiro

...ainda que sem queijo mineiro porque aquí não o há.

Singelo, rápido e gostoso.
Aquí a receita de Vera, aquí a de Josep Pascual no foro vía Ibán.
20 minutos (ou menos) de forno a 200ºC (ou menos) e pronto!

Bom, muito bom :)