Mostrando entradas con la etiqueta arroz. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta arroz. Mostrar todas las entradas

23/7/10

Slow-fast food

Segunda tentativa de bolos de arroz, con resultado aceptable. Os traxes non saíron moi elegantes pero o importante é que mantiveron ben a forma e non se despegaron. Non estaba segura de se o engrudo aguantaría. Usei o tarro da alcaravea para lles dar forma :)
Agora o bonito sería prepararmos una tinta vexetal para escribir "Fabrico próprio".

A masa do bolo non ten complicación ningunha, faise nuns escasos cinco minutos. O que leva tempo a esgalla é o corte e confección dos traxeciños. Vou ter que buscar un aprendiz!

INGREDIENTES para 8 bolos
125 gr azucre (púxeno vainillado)
70 gr aceite de xirasol
3 ovos batidos
raspadura de limón
150 gr fariña de arroz
50 gr fariña de trigo
1 colleriña lévedo químico Royal

PREPARACIÓN
Bater o aceite co azucre. Engadir os ovos un a un batendo ben. Engadir as fariñas, o Royal e a raspadura de limón, mesturando todo ben. Resulta unha masa espesa e densa.
Aquecer o forno a 180ºC
Encher os moldes, esparexer un pouco azucre por riba e enfornar 30 min.

PROCEDENCIA
Tirei a receita deste foro. Engadín a raspadura de limón e substituín a Vaqueiro (margarina) por aceite de xirasol.
O método para formar os moldes, aquí.

10/7/10

Fabrico próprio

Nunca fixera bolos de arroz porque non daba atopado unha receita convincente. Por fin din con esta, que parece bastante auténtica, e probei. Non saíron nada mal e penso que cun par de probas máis hei afinar a receita e obter unha versión definitiva.
O máis complicado foron os cilindros de papel; fíxenos tan mal que foron un desastre, apenas este bolinho (que tampouco é para tirar foguetes) é digno de foto...

4/7/10

Boliños de arroz

Un experimento: apetecíame facer algo con fariña de arroz e probei esta esta receita, moi rápida e sinxela.
Algo saiu mal, porque a receita fala de batter e o que eu fixen entraba claramente na categoría de dough. Empreguei fariña de arroz Nomen; se cadra non é adecuada ou precisa máis auga.
Comémolos igual pero a verdade é que estaban bastante masucos. Haberá que seguir probando.