COLEGAS

Mostrando entradas con la etiqueta Vulpes vulpes. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Vulpes vulpes. Mostrar todas las entradas

viernes, 16 de septiembre de 2011

Fauna nun topónimo histórico de Xunqueira de Espadañedo.










Existe no concello de Xunqueira de Espadañedo un tópónimo de cuio nome quero e debo lembrarme, esté é o pobo de Niñodáguia.
Niñodáguia é coñecido pola súa cerámica, nesta localidade existen explotacións mineiras de extracción de arxila, que deron como resultado unha antiga tradición alfareira que se prolonga até o día de hoxe.

Niñodáguia é, asímesmo, un topónimo interesante, xa que o seu nome indica a localización dun niño de águia real (Aquila chyrsaetos), o cal non é raro xa que esta localidade se atopa nas estrivacións mesmas do Macizo Central Ourensán, en territorio histórico da especie. Sen embargo o deturpamento e castelanización dos topónimos galegos ía traer consigo un dos capítulos máis curiosos e absurdos, no que foi o intento de borrar a cultura galega da face do país.

Aqueles que descoñezades o significado da lingua galega, debedes saber que Niñodáguia en castelán correctamente traducido, viría a ser "Nido del Águila", sen embargo a traducción castelánizadora non foi outra que "Niño de la Guía", despoxando de significado o máis que interesante topónimo.

As barreiras resultantes da extracción de arxila de Niñodáguia, ao ser abandonadas, banse naturalizando pouco a pouco, constituindo un hábitat interesante para aves, anfibios, memíferos, que pouco a pouco van colonizando o enclave, velahí tendes unhas pequenas mostras do que atopamos a finde pasada, nun Niño de águia histórico...

Un raposo (Vulpes vulpes), nidos de cegoña (Ciconia ciconia), gardafontes verde (Triturus marmoratus), ra verde ibérica (Pelophylax perezi) entre outros...

sábado, 24 de abril de 2010

Raposo en Riós.




Este raposo (Vulpes vulpes), que aparentemente está a durmir, por desgracia só durme en aparencia, xa que, en realidade, está a durmir o sono eterno, desta guisa o atopamos o pasado día 10 de abril de 2010, nunha carballeira do concello de Riós, curiosa postura para atopar o fin deste belo depredador, que quizáis nos estexa a dicir que morreu envelenado.

Martiño Cabana, Anxos Romeu, Xosé Ramón Reigada, Rafa Vázquez e este que vos escribe aínda non saímos do noso asombro.

lunes, 11 de enero de 2010

Raposo conxelado en Vilar de Barrio.



Este exemplar de raposo (Vulpes vulpes) foi atopado morto e conxelado nunha charca en terreos do concello limiao de Vilar de Barrio, o pasado día 9 de xaneiro de 2010, na compaña de Anxos Romeu e Martiño Cabana.

jueves, 5 de noviembre de 2009

Esquelete de raposo en Ourense






Este esquelete de raposo (Vulpes vulpes) foi atopado o día 24 de xullo de 2008 no entorno da conca do río Loña, en terreos do concello de Ourense.

O raposo é quizáis o carnívoro mediano máis frecuente da provincia, sobre todo dende a merma ou extinción dos grandes carnívoros de Ourense, na capital da provincia tense detectado a presencia urbana desta especie en lugares tan simbólicos coma a Ponte Vella ou a Avda. de Bos Aires.