COLEGAS

Mostrando entradas con la etiqueta Verín. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Verín. Mostrar todas las entradas

lunes, 28 de junio de 2010

Sapo de esporóns en Verín.





























O sapo de esporóns (Pelobates cultripes) é un anfibio de distribución restrinxida e localizada en Galicia, na provincia de Ourense, podemos atopalo en puntos concretos das bisbarras da Limia, Monterrei e Valdeorras.

Nestas imaxes nocturnas podedes apreciar varios exemplares desta especie atopados durante un transecto nocturno polo concello de Verín, o pasado día 26 de xuño de 2010, na compaña de Anxos Romeo, Martiño Cabana e Xosé Ramón Reigada.


Os exemplares atopados estaban recén metamorfoseados, cando os anfibios xa remataron o metamorfose pero aínda persentan características larvarios, como algúns destes exemplares que teñen restos da cauda, dise que son metamórficos, co paso dos días, estes restos da cola desaparecerán.

Ladras en Verín.







Ladra é o nome co que nalgúns puntos do Val do Támega coñecen á especie que os científicos deron en denominar Tarentola mauritanica (Salemanquesa común en castelán).






O pasado día 26 de xuño de 2010, na compaña de Martiño Cabana, Xosé Ramón Reigada e Anxos Romeo, puidemos comprovar a presenza desta especie no concello de Verín, as poboacións desta especie asentadas na bisbarra de Monterrei poden ser as únicas autóctonas de Galicia, aínda que a especie aparece tamén noutros puntos da provincia como a Baixa Limia, Ourense ou Valdeorras.

martes, 15 de junio de 2010

Sapos comúns en Verín.
















O pasado día 9 de xuño de 2010, pero do pobo verinés de Vilaza, na compaña de Rafa Vázquez e Xosé Ramon Reigada, atopamos estes sapos cunqueiros (Bufo bufo).

Nas imaxes podedes apreciar as verrugas puntiagudas que posúen os exemplares ourensáns desta especie, características da subespecie que ocupa a provincia denominada "spinosus".

viernes, 11 de junio de 2010

Cobra de auga de colar en Verín


Un instante de curiosa beleza nos sorprendeu nunha charca de Verín o pasado día 6 de xuño de 2010, cando Anxos Romeu, Martiño Cabana, Xosé Ramón Reigada e máis eu nos atopamos este precioso exemplar de cobra de auga de colar (Natrix natrix).

lunes, 5 de abril de 2010

Sapos corriqueiros no Val do Támega.











Estas imaxes, obtidas en diversos puntos do val do Támega o pasado día 27 de marzo de 2010 amosan a abundancia e variabilidade individual que os sapos corriqueiros (Bufo calamita) acadan no Val do Támega e que comprovamos da man de Xosé Ramón Reigada nun pequeno transecto nocturno para realizar escoitas de anfibios, taén pudemos ser testemuñas do atropelo dalgún indivíduo, un grave probema ao que se enfrentan na actualidade os nosos hérpetos.

Pardal das rochas en Verín.



O pasado día 27 de marzo de 2010 Xosé Ramón Reigada e máis eu fomos testemuñas da abundancia do pardal das rochas (Petronis petronis) no Val do Támega ao observar perto do pobo de Mandín un bando con alomenos 14 exemplares desta especie, integrados nun bando de paseriformes de medio cento de indivíduos de varias especies.

martes, 30 de marzo de 2010

Naviñeiros en Verín.







Naviñeiros é como se denominan en algúns puntos da bisbarra de Monterrei aos liñaceiros (Carduelis cannabina), seica que pola costume que ten a especie de face-los niños nas viñas.

O pasado día 27 de marzo de 2010 Xosé Ramón Reigada e maís eu puidemos comprovar de primeira man o avanzado xa do período reproductor, con conflictos territoriais e aportes de material ao niño, nestas imaxes obtidas perto do pobo de Mandín, no concello de Verín, podedes observar un macho, e unha femia que porta os ditos materiais para a construcción do niño.

Chasco en Oímbra.





Durante a xornada de "bicheo" con Xosé Ramón Reigada do día 27 de marzo de 2010 puidemos comprovar de primeira man actitudes territorias e aportes de materias ao niño por parte de diversos exemplares de chascos (Saxicola torquata) en diferentes puntos do Sur da bisbarra de Monterrei, nos concellos de Oímbra, de onde proveñen estas imaxes, e de Verín.

Largarteiro cinsento en Verín.








Ata un total de tres exemplares de lagarteiro cinsento (Elanus caeruleus) foron localizados na zona Sur da bisbarra de Monterrei o pasado 27 de marzo de 2010 na compaña de Xosé Ramón Reigada, sin duda unha impresionante observación dunha das aves rapaces máis belas que por aquí voan e peneiran...

Picanzos reais en Verín.








Durante a xornada de "bicheo" que compartimos o meu colega Xosé Ramón Reigada e máis eu o pasado día 27 de marzo de 2010 por terras do concello de Verín, nos arredores do pobo de Mandín, pudemos localizar ata 8 exemplares de picanzo real (Lanius meridionalis), dous deles parecían formar xa unha parella consolidada que rexentaba territorio, como podedes apreciar nestas imaxes.