COLEGAS

Mostrando entradas con la etiqueta Valdeorras. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Valdeorras. Mostrar todas las entradas

lunes, 26 de agosto de 2013

A Pomba doméstica, un eslabón da cadea urbana.

Seguro que moitos de vós lle destes de comer máis dunha vez, seguro que a algún de vós tivo algún percance algunha vez cos seus excrementos, sen embargo seguro que moitos de vós aínda vos estades preguntando si realmenteson salvaxes ou non as pombas das nosas cidades.

A resposta non é fácil, xa que a maioría das pobas domésticas urbanas non son nin totalmente salvaxes nin totalmente domésticas, son cimarronas, o cal quere dicer que son animáis domésticos total ou parcialmente asilvestrados.

A orixe da pomba doméstica (Columba livia var. domestica) é un descendente doméstico da pomba brava (Columba livia). A pomba brava era en orixe un ave rupícola propia dos cantís costeiros e interiores. Nun momento dado a pomba brava debeuse aproximar aos primeiros asentamentos humanos na procura de refuxio e alimento fácil, e así hai xa milleiros de anos, a pomba foi domesticada como fonte de alimentación e aves para envialos mensaxes (mediante as coñecidas como pombas mensaxeiras).

Na nosa provincia a pomba doméstica é unha aves frecuente en pobos, vilas e cidades, e en algunhas delas aínda se cría para comelos pichóns. Pola ontra, a ponba brava, hoxe casi indistinguible da súa parente doméstica, parece que non pasa polos seus mellores momentos, e non atopamosen Ourense poboacións que parezan 100% puras. Aínda así podería quedar algunha poboación parcialmente pura nos Parques Naturais da Serra do Xurés ou da serra da Enciña da Lastra, e certos puntos da Ribeira Sacra ou o Macizo Central



.

Con todo a pomba doméstica pasa por ser unha das aves máis frecuentes das poboacións ourensáns, e aínda que non de todo silvestre, podemos dicir, pese ás molestias que en ocasións pode ocasionar, que se trata dunha das bases tróficas dos depredadores urbáns, sendo esencial para a supervivencia de certas especies de aves rapaces, coma o falcón peregrín (Falco peregrinus), ou o gavilán (Accipiter nisus) e o azor (Accipiter gentilis), sobre todo cando estamos a falar de poboacións urbanas destas últimas.

Na imaxes unhas cantas pombas domésticas de librea próxima a variedade salvaxe fotografadas na cidade de Ourense.





lunes, 14 de enero de 2013

Un tópónimo interesante....O río Bibei: O río das cabras montesas.



O río Bibei é un afluente do río Sil, a súa vez afluente do río Miño, que nace en terras zamoranas para desembocar na provincia de Lugo, no concello de Ribas de Sil. Durante o seu curso percorre unha ampla área de montañas a través das provincias de Zamora, Ourense e Lugo.

Existen duas teorías sobre o significado do nome do río Bibei, a primeira asóciao coa palabra prerromana Ibex, que significa Cabra Montés, que que foi incorporada ao latín por Plinio El Viejo. A segunda acepción vería a significar corrente de auga.

Este topónimo enlaza con outros semellantes da comarca zamorana de "La Cabrera", como Ybey, Ibei, Ibe ou Vivei, que poderían ter ambos significados. 

Persoalmente, debido ao hábitat e á propia toponimia anexa á cunca deste río, inclínome pola primeira teoría, que viría a indicar un río encañonado no que habitan cabras monteses. Neste caso a subespecie sería Capra pyrenaica lusitanica, en tempos habitante do cadrante nooccidental ibérico e extinta en 1892.

martes, 8 de febrero de 2011

Plan de salvamento do Sapo de Esporóns do Barco de Valdeorras.


Recentemente o blog da asociación ecoloxista Saramaganta informounos da destruccións do derradeiro núcleo de reproducción do Sapo de Esporóns (Pelobates cultripes) no Barco de Valdeorras.

O sapo de esporóns é unha especie de anfibio ameazada en galicia, e calificada coa categoría de Vulnerable, no Catálogo Galego de Especies Ameazadas. Na nosa provincia a especie está presente nas bisbarras de A Limia, Monterrei e Valdeorras, sendo esta última a poboación máis escasa e ameazada.

Coa recente ampliación do polígono empresarial do Barco de Valdeorras, destruíronse os derradeiros puntos de reproducción da especie na bisbarra de Valdeorras.

Dende fauna Vertebrada de Ourense queremos facer un chamamento á participación cidadá dos habitantes do Barco de Valdeorras para paliar na medida do posible este desastre, e tratar de evitar a extinción definitiva desta peculiar poboación de sapo de esporóns ourensá mediante o seguinte proxecto de ecovixía.

Varias asociación ecoloxistas e particulares sensibles co medio ambiente estamos tratando de buscar un terreo para a construcción de novos puntos de reproducción para a especie na zona afectada. A tal efecto construirase unha charca, ou varias se se consigue a participación de varios propietarios, aptas para a reproducción da especie.

Para tal fin buscamos a algún propietario ou entidade pública ou privada que posúa un terreo na zona afectada, e nos permita a construcción desa charca, a construcción da charca correrá íntegramente pola nosa conta.

Agradeceremos para tal fin a difusión desta mensaxe noutros foros, co fin de acadar un resultado positivo antes da primavera, época de reproducción do sapo de esporóns en Galicia.

martes, 6 de julio de 2010

Cobregón atropelado na Rúa.







O pasado día 3 de xullo de 2010, Anxos Romeu, Rafa Vazquez e Martiño Cabana e este que vos escribe, atopamos este exemplar de cobregón (Malpolon monspesulanus) atropelado nunha estrada do concello valdeorrés de A Rúa.

O cobregón, ou cobra rateira, é o maior réptil da provincia, podendo acadar os dous metros de lonxitude, pero este insigne título non salva a esta especie de morrer masivamente nas estradas ourensás a causa dos atropelos por parte do tráfico rodado.

jueves, 10 de junio de 2010

Boitres na Enciña Lastra.







Houbo un tempo no que ver boitres (Gybs fulvus) nesta nosa terra ourensá era unha verdadeira rareza, por sorte os tempos foron cambiando e hoxe en día no é raro na época adecuada atoparse con esta especie nas serras orientais da provincia asociados a movimentos dispersivos das colonias de cría que están situadas fora de Galicia.






Este exemplar que aperece, nestas imaxes de escasa calidade, formaba perte dun grupo de catro exemplares localizados no Parque Natural da Enciña Lastra (Rubiá) o pasado día 22 de maio de 2010 durante a xornada de Trainig Days organizado pola asociación Saramaganta neste valioso enclave emeazado polo trazado da autovía A-76.