COLEGAS

Mostrando entradas con la etiqueta Prunella modularis. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Prunella modularis. Mostrar todas las entradas

viernes, 26 de marzo de 2010

Azuleira en Vilar de Santos.


Así é a vida mesma, un instante de beleza rodeado de espiñas, esta azuleira (Prunella modularis) e a súa parella atopábanse ben atarefados na procura de materiais para o niño, en tempos nos que na Limia se "andaba aos niños" os ovos de azuleira eran dos máis cotizados entre os rapaces, hoxe parece que esta parella pode criar algo máis tranquila.

A imaxe foi obtida o día 20 de marzo de 2010 no pobo de Castelaus, no concello limiao de Vilar de Santos.

lunes, 1 de febrero de 2010

Azuleira en Boborás.




Exemplar de azuleira común (Prunella modularis) localizado no pobo de Feás, no concello de Boborás, o pasado día 23 de xaneiro de 2010.

jueves, 7 de enero de 2010

Azuleira en Vilar de Santos.


Exemplar de azuleira (Prunella modularis) localizado en terreos do concello limiao de Vilar de Santos o pasado día 1 de xaneiro de 2010.

lunes, 21 de diciembre de 2009

Azuleira común en Ourense.







A azuleira común (Prumella modularis), a pesar de ser un paxaro abundante e ben distribuido, leva unha vida tan discreta que poucas veces o vemos, máis ben o sentimos cantar.

Nestas imaxes podedes ver unha azuleira buscando alimento entre as follas caidas e xeadas polo frío que nos últimos días imperou en Ourense, nestas imaxes do 20 de decembro de 2009 na estrada de Barra de Miño, perto de Oira,e noutras que irei subindo próximamente, poderedes ir apreciando as xeadas que caeron nestes días por toda a provincia.

martes, 25 de agosto de 2009

Os polos da azuleira voan na Limia.


Este é un polo do ano de azuleira común (Prunella modularis) atopado o día 23 de agosto de 2009 perto do pobo de Currás, en Rairiz de Veiga.

A azuleira é un paxaro insectívoro moi común na provincia que toma o nome da cor dos seus ovos, azul turquesa.