COLEGAS

Mostrando entradas con la etiqueta Porqueira. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Porqueira. Mostrar todas las entradas

martes, 26 de octubre de 2010

Cobra lagarteira europea nas Veigas de Ponteliñares



Como sabedes, aqueles que seguides este blog con certa asiduidade, hai unha especie que nos últimos tempos se trocou nunha especie fetiche para mín, con isto non me estou a definir como fetichista OLLO! que xa bastante definido estou, con isto quero dicir que teño un novo animal totémico, esta é a cobra lagarteira europea (Coronella austriaca).

A esta especie de ofidio lle debo xa moito nos últimos meses, algo máis que un nutrido número de entradas, senón que me ensinara, ca súa mera presencia o moito que me queda aínda por saber da fauna da miña bisbarra de nacimento: A LIMIA, e entonar polo tanto a máis que coñecida cita de "SOIO SEI, QUE NON SEI NADA".

Nestas imaxes aparece unha cobra lagarteira europea atopada nas Veigas de Ponteliñares, en concreto na parte deste espazo natural incluído dentro da ZEPA da Limia, pertencente ao concello de Porqueira. O exemplar en cuestión foi atopado baixo pedra o pasado día 17 de outubro de 2010 na compaña de Rubén Portas e Pablo A. Sanmartín Santiago.

O exemplar en cuestión conta ca peculiaridade de ser da variedade cromática alaranxada, pouco frecuente e rara de observar, alédome enormememte de poder compartila con vós.

viernes, 3 de septiembre de 2010

Rás de San Antón na Limia.










Para darvos unha tregua despois de tanto paxaro, vouvos ofrecer estas imaxes de diferentes exemplares de rá de San Antón (Hyla arborea), obtidas nos concellos limiaos de A Porqueira e Rairiz de Veiga o pasado día 14 de agosto de 2010, durante un pequeno paseo na procura de odonatos en compaña de Emilio Martinez Sabarís, Cristina Casalderrey Cánovas e Pablo A. Sanmartín Santiago.

E de xustiza poética a publicación de imaxes de rás de San Antón na Limia, xa que esta bisbarra, xunto ca de Monterrei, acolle unha das maiores poboacións galegas da especie.

Para información dalgún dos lectores deste blog direi que algunha das instantáneas proveñen dunha charca con Lepidurus apus, seguro que alguén se da por aludido....

miércoles, 7 de abril de 2010

Lebre atropelada en Porqueira.



O pasado día 1 de abril de 2010 Martiño Cabana, Anxos Romeu, Rafa Vázquez e máis eu tivemos a desgracia de comprovar unha vez máis a incidencia do tráfico rodado sobre as poboacións de vertebrados, ao atopar esta lebre ibérica (Lepus granatensis) morta nunha estrada do concello limiao de Porqueira.

A lebre é xunto co coello de monte, unha das duas especies de lagomorfos salvaxes que podemos atopar na provincia de Ourense.

Nos últimos tempos as poboacións de lagomorfos, base da cadena trófica para unha chea de especies, foron diminuindo debido á infidencia de diversas enfermidades, a pérdida de hábitat e á presión cinexética.

Na provincia a lebre presenta unha distribución moi fragmentada, apenas unha mostra das poboacións do pasado.

jueves, 14 de enero de 2010

Verquidos sólidos na Veiga de O Toxal.



Durante a visita de Anxos Romeu e Martiño Cabana á Limia durante o día 10 de xaneiro de 2010, por desgracia non foi aves o único que detectamos, xa que puidemos comprovar de primeira man como As Veigas do Toxal en Porqueira, sofren todo tipo de verquidos, nas imaxes podedes ver parte do mobiliario detectado, pero tamén hai verquidos de abono ou pintura, estes verquidos chegan a colmatar algunhas das charcas que visitamos, usadas durante a época reproductora por diferentes especies de anfibios e aves ameazadas, esta zona está incluida dentro da recentemente declarada como zona ZEPA da Limia, e urxen medidas que controlen estes feitos.

domingo, 10 de enero de 2010

Gatafornela loitando cos corvos na Veiga do Toxal.



















Este exemplar de gatafornela (Circus cyaneus), unha femis, foi localizado o día 9 de xaneiro de 2010 na Veiga do Toxal, no concello limiao de Porqueira, na compaña de Anxos Romeu e Martiño Cabana.

Durante a observación fomos testemuñas do duro ataque protagonizado por uns corvos (Corvus corone), aínda que foi finalmente un exemplar o que exerceu máis contundentemente o ataque para repelir á gatafornela.

Nunha das imaxes apréciase ademáis un exemplar de peneireiro común (Falco tinnunculus) que ao parecer tiña temén ganas de troula.

Bubela na Veiga do Toxal.




Na compaña de Martiño Cabana e Anxos Romeu foi localizada esta bubela (Upupa epops) na Veiga do Toxal, no concello Limiao de Porqueira.

A bubela é unha especie estival, sen embargo, ao igual que as cegoñas brancas, é unha das primeiras especies en voltar da migración, así a pesar de que a cita se produce o 9 de xaneiro de 2010, é difícil aventurar si se trata dun exemplar que non migrou, ou pola contra se trata dun indivíduo que voltou cedo.

Peneireiro cincento en Porqueira.





O pasado día 9 de xaneiro de 2010, na compaña de Martiño Cabana e Anxos Romeu, foi localizado un exemplar de peneireiro cincento (Elanus caeruleus), na Veiga de O Toxal, no concello limiao de Porqueira.

A pesar da escasa calidade das imaxes son testemuña da observación desta especie na Zepa da Limia.

O peneireiro cincento é aínda unha especie escasa na provincia, e a maior parte das observacións, sobre todo na tempada de cría, prodúcense na bisbarra de Monterrei, A Limia acolle tamén certo número de observacións que atinxen normalmente a exemplares solitarios detectados fora da época de cría.

martes, 5 de enero de 2010

Avefrías na Limia.








A bisbarra da Limia é unha importante zona de invernada para as avefrías (Vanellus vanellus), de feito supón o principal cuartel de invernada para a especie na provincia.

Durante a pasada ponte de fin de ano foron detectados divarsos bandos e grupos da especie en distintos concellos limiaos, o maior detectado superaba os 500 indivíduos e foi observado o día 3 de xaneiro de 2010 nas Veigas de Ponteliñares, en Rairiz de Veiga.

As cegoñas voltan á Limia.











Durante os pasados días 2 e 3 de xaneiro foron detectados xa numerosos indivíduos de cegoña branca (Ciconia ciconia) en diferentes puntos da bisbarra da Limia, moitos deles xa tomaron posesión dos seus niños, marcando o territorio cos crocoteos característicos da especie, e defendendo a súa propiedade con valentía.