COLEGAS

Mostrando entradas con la etiqueta Sylvia atricapilla. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Sylvia atricapilla. Mostrar todas las entradas

miércoles, 1 de septiembre de 2010

Papuxa das amoras na Limia.






A papuxa das amoras (Sylvia atricapilla) é quizáis unha das papuxas máis frecuentes da provincia, especie eminentemente sedentaria, podemos localizala na provincia durante todo o ano.

As imaxes que acompañan esta entrada amosan un macho e un exemplar novo da mesma especie que aínda non desenrolou a plumaxe contrastada dos adultos, a plumaxe dos exemplares novos desta especie aseméllase á das femias dultas, que posúen o curuto da cabeza de cor parda en lugar de negra.

Os exemplares das fotografías foron capturados para anelamento nos concellos limiaos de Vilar de Santos e Sandiás por parte de Emilio Martinez Sabarís, Cristina Casalderrey Cánovas e Pablo A. Sanmartín Santiago os pasados días 13, 14 e 15 de agosto de 2010.

jueves, 7 de enero de 2010

Papuxa das amoras en Ourense.








Faltaban unhas fotografías decentes da papuxa das amoras (Sylvia atricapilla) neste blog, así que para solventa-lo problema aquí tendes as imaxes de diferentes exemplares desta especie, incluida unha femia para observarmo-lo dimorfismo sexual desta especie.

As imaxes foron obtidas en diferentes puntos da ribeira do río Miño ao seu paso polo concello de Ourense o día 6 de xaneiro de 2010.

martes, 22 de diciembre de 2009

Papuxa das amoras en Ourense.



A papuxa das amoras (Sylvia atricapilla) é un pequeno paxaro moi frecuente en toda a provincia de Ourense, habitante típico das matogueiras.

Nestes días fríos as papuxas das adoitan tomar o sol para subila temperatura do seu organismo despois das xélidas noites que a última fin de semana nos agasallou, nestas imaxes apréciase un macho desta especia tomando o sol nunha árbore da cidade de Ourense o pasado día 20 de decembro de 2009.