COLEGAS

Mostrando entradas con la etiqueta Nogueira de Ramuín. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Nogueira de Ramuín. Mostrar todas las entradas

viernes, 10 de septiembre de 2010

Gardafontes verde en Nogueira de Ramuín.



Despois de tanto cadáver vouvos dar unha tregua amosándovos estas imaxes de dous exemplares novos de gardafontes verde (Triturus marmoratus), obtidas nunha charca do concello de Nogueira de Ramuín, na compaña de Rafa Vázquez, Vero e Noa, o pasado día 4 de setembro de 2010.

A detectición das diferentes especies de anfibios é sempre unha boa nova, que demostra que non todo está perdido na intrépida carreira pola protección dos vertebrados ourensáns, montrándonos asemade a extrema riqueza desta terra na que gustamos de "bichear".

Lagarto arnal en Nogueira de Ramuín.



Novo post que exemplifica a constante sangría de vertebrados que se está a producir nas estradas galegas pola total ausencia de pasos efectivos para a fauna, desta volta protagonizado por un exemplar subadulto de lagarto arnal (Timon lepidus), o maior dos nosos lacértidos, atopado morto por atropelo nunha estrada do concello de Nogueira de Ramuín, na compaña de Rafa Vázquez, Noa e Vero.

martes, 3 de marzo de 2009

As papuxas paporrubias xa están aqui



O pasado día 28 de febreiro de 2009 o meu amigo Valentín e mais fixemos unha excursión a pé pola Ribeira Sacra entre os concellos de Nogueira de Ramuín e Parada do Sil (Ourense), concretamente entre o Mosteiro de San Estebo de Ribas de Sil e o miradoiro do Pe do Home, durante dito paseo pudemos comprovar como as Papuxas paporrubias (Sylvia cantillans) xa chegaron amosando xa unha forte actividade nupcial, con comportamento territorial e cópulas.