COLEGAS

Mostrando entradas con la etiqueta Meles meles. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Meles meles. Mostrar todas las entradas

lunes, 28 de octubre de 2013

Teixugo atropelado en Xunqueira de Espadañedo.

Por desgracia, moitas veces nos temos achegado á traxedia dos atropelos a través das páxinas deste blogue. Nesta ocasión atopámonos perante un teixugo (Meles meles), atopado morto por atropelo nunha estrada do concello de Xunqueira de Espadañedo, non lonxe do alto do Couso e Niñodáguia.

O teixugo é o maior dos mamíferos mustélidos presentes na nosa provincia, perseguido con saña durante moito tempo, quizáis a persecución continúe na actualidade, a pesar de que se trata dunha especie extrictamente protexida. Hai anos os teixugos foron perseguidos por tres causas principalmente, polos danos á agricultura (xa que se trata dunha especie omnívora), polos danos ás peza codiciadas polos cazadores (coellos principalmente) e polo valos da súa pel ( apreciada polos trampeiros).

Na actualidade o teixugo (ou porcoteixo) segue a ser perseguido en certas localidades, nas que se colocan lazos ( trampas metálicas non selectivas) co gallo de eliminar o maior número posible de depredadores, coma raposos, algarias, teixugos e outros.

Por último foi recollido no pasado verán un nome vernáculo para esta especie, "teix", na bisbarra da Baixa Limia.




lunes, 19 de julio de 2010

Teixugo atropelado en Sandiás.





Non cansaremos de repetir e denunciar a través deste blog, da constante sangría que a nosa fauna está a sufrir nas estradas ourensás. Un bo exemplo son estas imaxes dun teixugo (Meles meles) víctima dun atropelo na estrada comarcal 531 ao seu paso polo concello limiao de Sandiás o pasado día 18 de xullo de 2010.

O teixugo é o maior mustélido galego, a pesar de estar presente en numerosos puntos da provincia, non acada ao parecer altas densidades, mamífero oportunista, cunha variada dieta omnívora, os seus costumes nocturnos, fan del unha especie pouco coñecida.

No pasado existiu en certos pobos da Limia o costume de manter teixugos en catividade, os exemplares obtíñanse do expolio de camadas nas toqueiras.

Esta especie ten asemade costumes cabadoras, o que se reflexa nas fortes gadoupas que posúe e que podedes ver con detalle nunha das imaxes.

miércoles, 7 de octubre de 2009

Toqueira de teixugo en Verín.



Na mesma graveira do concello de Verín, na que foi atopada a colonia de anduriñas das barreiras, unha parella de teixugos (Meles meles), ten o seu fogar, o mesmo día 4 de outubro de 2009, localizáronse dous cubiles desta especie, unha vez máis a vida parece berrar ante a acción do home.