COLEGAS

Mostrando entradas con la etiqueta Fringilla coelebs. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Fringilla coelebs. Mostrar todas las entradas

lunes, 28 de diciembre de 2009

Pimpín común en Ourense






O pinpín común (Fringilla coelebs) é nastes días unha especie gregaria e especialmente notoria, que forma grandes bandos de alimentación nas zonas arboladas, e non tan arboladas, de Ourense.

Nas ribeiras do Miño ourensán a especie é fácilmente detectable e, debido ao constante trasego de xente, mostrase confiada ante a cámara, como testemuñan estas fotografías do día 20 de decembro de 2009, no que se aprecia un macho desta especie alimentándose a ras de chan perto de Outariz.

martes, 1 de diciembre de 2009

Pimpín común en Cachamuiña.





Imaxes de diferentes exemplares de pimpín común (Fringilla coelebs) localizados na cuberta forestal anexa ao encoro de Cachamuiña en Pereiro de Aguiar, o pasado día 22 de novembro de 2009, mostra da riqueza en paseriformes deste enclave como xa vos teño comentado noutras ocasións.

lunes, 16 de noviembre de 2009

Pimpín común en Ourense.


Este macho en pumaxe invernal de pimpín común (Fringilla coelebs) foi localizado no Parque Miño, unha zona verde e de recreo moi popular na cidade de Ourense, o día 14 de novembro de 2009.

O pimpín común é un dos paseriformes forestais máis fecuentes da provincia de Ourense, conquerindo incluso altas densidades nas zonas máis faborables.

Na cidade de Ourense é un ave frecuente nos parques urbáns sempre en cando conten con vexetación arbórea axeitada.