COLEGAS

Mostrando entradas con la etiqueta Falco tinnunculus. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Falco tinnunculus. Mostrar todas las entradas

jueves, 11 de septiembre de 2014

Peneireiro nun gran fogar.

O pasado día 30 de agosto de 2014 topeime cunha curiosa estampa en terras do concello de Allariz, cando foi detectado un ex de peneireiro común (Falco tinnunculus) usando como pousadoiro un niño de cegoña común (Ciconia ciconia) xa valeiro despois da época reproductora.

O peneireiro común é unha ave falconiforme que nos derradeiros tempos ten sufrido unha merma considerable nas súas poboacións, mesmo con extincións locais. Aínda así a especie é frecuente en certas bisbarras como A Limia ou Monterrei.

En certos puntos da provincia a especie é coñecida co nome de lagarteiro ou tecelán.





martes, 27 de octubre de 2009

Peneireiro común en Rairiz de Veiga




Macho de peneireiro común (Falco tinnunculus) localizado no Monte de Albán do concello limiao de Rairiz de Veiga, o día 24 de outubro de 2009.

martes, 6 de octubre de 2009

Peneireiro común en Vilar de Santos.















O día 3 de outibro de 2009 foi atopado este peneireiro común (Falco tinnunculus) perto do pobo de As Casas da Veiga, no concello limiao de Vilar de Santos, o exemplar en cuestión estaba dando boa conta da multitude de saltóns que nestes días se poden atopar nos campos de trigo recén segados, como curiosidade o noso peneireiro utilizaba como pousadoiro para comer un carballo americano (Quercus rubra), moi novo e cas polas moi delgadas, a pesar de ter á sua disposición outras estructuras moito máis sólidas.

miércoles, 23 de septiembre de 2009

Peneireiro común en Rairiz de Veiga.






Fotografías dun peneireiro común (Falco tinnunculus), feitas perto de Rairiz de Veiga (A Limia), o día 20 de setembro de 2009, nelas pode apreciarse como o exemplar en cuestión, fai honra do seu nome, peneirando sobre unhas leiras recolleitadas recentemente, en busca de alimento.

O peneireiro é un tipo de falcón de pequeno tamaño, relativamente frecuente en Ourense como nidificante.

viernes, 20 de marzo de 2009

Águia caudal atacada por unha parella de peneireiros comúns en Ourense






O pasado día 12 de agosto de 2008 foi localizado un exemplar de fase clara de águia caudal (Hieraaetus pennatus) no barrio ourensán de A Loña, case nese mesmo instante unha parella de peneireiros comúns (Falco tinnunculus), que rexenta un territorio preto da zona e ten como pousadoiro o edificio da facultade de empresariais do campus universitario de Ourense, realiza un contudente ataque sobre a rapaz, finalmente a parella de peneireiros logrou espantar á águia que abandonou a zona en dirección suroeste.