COLEGAS

Mostrando entradas con la etiqueta Bufo calamita. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Bufo calamita. Mostrar todas las entradas

viernes, 25 de marzo de 2011

Rairos en Pereiro de Aguiar.











Rairo é un nome vernáculo bastante extendido na provincia de Ourense para denominar ao sapo corriqueiro (Bufo calamita). Trátase dun vernáculo onomatopeico que fai alusión ás vocalizacións da especie durante a época reproductora. En ocasións este vernáculo é asociado somentes ao ruido proiducido polo animal, existindo xente que considera que o ruido o produce un réptil. Sen embargo aquelas persoas consultadas ao respecto que teñen un contacto ca natureza máis extreito, e quizáis tamén maior idade, identifican sin ningún xénero de dúbida ao rairo como unha clase de sapo.

Nas imaxes uns cantos rairos (Bufo calamita) atopados a pasada fin de semana no concello de Pereiro de Aguiar, pertencente á Depresión Ourensá, é tamén un dos lugares herpetolóxicos máis interesantes do Occidente da provincia Ourensá.

jueves, 24 de marzo de 2011

Postas de sapo na Limia, xogo de identificación.






César comentaba recentemente sobre as postas dos anfibios, pois ben falemos delas. Os sapos do xénero Bufo, o sapo corriqueiro (Bufo calamita) e o sapo cunqueiro (Bufo bufo), soen por as postas en augas pouco profundas con escasa vexetación.

Estas postas caracterízanse por ser ileiras de ovos moi largas enredadas entre a vexetación acuática. Podemos incluso identificar á especie analizando as postas que observemos, así se as ileiras son paralelas de dúas filas de ovos serán de sapo cunqueiro, e se en realidade están formadas por unha única fila de ovos, éstas serán de sapo corriqueiro.

Nas imaxes ensínovos unhas postas atopadas no concello limiao de Vilar de Santos na fin de semana pasada, xogade e tratade de identificar a que especie pertencen, escribindo a vosa aposta a través dos comentarios.

jueves, 10 de marzo de 2011

Entroido herpetolóxico: 2ª parada Ourense, capital herpetolóxica da Galiza.


















"É moito máis sinxelo quedar ben como amante que como marido; por que é moito máis fácil ser oportuno e inxenioso de vez en cando que tódolos días"- Honoré de Balzac (1799-1850)- Novelista francés.

A Depresión Ourensá é sin dúbida algunha un dos puntos quentes da herpetofauna galaica, superado tan só polo Val do Támega, situado tamén na provincia de Ourense. Aproveitando este feito dispuxémonos eu e máis a miña parella, David, a facer un roteiro herpetolóxico na tarde do pasado martes de Entroido, día 8 de marzo de 2011. Para tal fin escollemos unha zona do Norte do concello de Ourense, especialmente rica en herpetofauna.

A pesar de que o calor acaba de comenzar, e até fai pouco estabamos inmersos en intensas xeadas, os bichos deron a talla e puidemos albiscar multitude de rairos, nome ourensán para designar ao sapo corriqueiro (Bufo calamita), lagartiñas dos penedos (Podarcis hispanica), sapiños comadróns (Alytes obstetricans), lagartiñas rabudas (Psammodromus algirus), e un escáncer tridáctilo (Chalcides striatus) tímido, que non se deixou fotografar.

Dende logo é para mín unha novidade topar alguén ca paciencia suficiente de aturarme tamén no campo, algo que valoro especialmente!

lunes, 25 de octubre de 2010

Soños cun sapo corriqueiro na cidade de Ourense.




Sabedes moitos de vós que os anfibios non están atravesando o seu mellor momento a nivel mundial, epidemias, perda de hábitat e atropelos, o temido cambio climático, están detrás da contínua regresión das súas poboacións, acaecida, principalmente, durante os derradeiros cincuenta anos. Esta regresión, que non entende de fronteiras políticas, trouxo consigo incluso a extinción de varias especies en diferentes puntos do globo terráqueo.

O pasado día 13 de outubro de 2010, depois dunha longa xornada de traballo, dirixíame a descansar á miña casa, para aqueles que me coñecedes, saberedes que ese camiño pasa por cruzar unha das numerosas pontes que atravesan o río Miño, eixe vertebrador da cidade na que habito. Unha desas pontes é a Ponte Nova, que de nova xa non ten nada, logo cumprirá cen anos...

Cando quixen dar conta vin un pequeno ser a dar tumbos polo asfalto, cando me acheguei, cal sería a miña sorpresa, era un sapo corriqueiro (Bufo calamita), evidentemente en serio perigo de ser esmagado por calquera vehículo, ou polo primeiro peón que pasara por alí, polo que procedín a rescatalo.

Para queles que non coñezades a historia recente da cidade, debedes saber que en tempos, denantes do urbanismo que trouxeron consigo os anos sesenta do pasado século XX, a cidade de Ourense posuía toda unha serie de pequenas lagoas, temporais e permanentes, que se orixinaron polo aillamento dos meandros do mencionado río Miño, este fenómeno é moi coñecido en Aragón, onde este tipo de hábitats de denominan os Galachos del Ebro, na cidade xa non queda nin unha soa mostra deste hábitat singular, que vive inmortal na memoria dos ourensáns máis vellos.

Mirando fixamente ao meu novo amigo pechei os ollos, e soñei, soñei cunha cidade que abrazaba sin medo a súa biodiversidade, soñei, tan só por un intre, coas Lagoas do barrio ao que lle dan nome, e puiden ver aos sapoconchos arribando, e puiden escoitar ás garzas cebando, e puiden sentarme á beira a escoitar o coro de corriqueiros cegados polo periodo reproductor. Un pitazo me esperta do meu soño, de todo iso tan só queda un sapo na miña man, que quizáis espertou dun letargo longo...moi longo e non puido resistir a tentación de acudir ás Lagoas, pero as lagoas xa non están...

miércoles, 6 de octubre de 2010

Atropelos de vertebrados na Baixa Limia.










Durante domingo pasado, día 3 de outubro de 2010, Vituca, Rafa Vázquez e máis eu dimos unha volta por terras da bisbarra ourensá da Baixa Limia, polos camiños dos concellos de Bande, Entrimo, Lobeira, Lovios, e Muiños.

Durante ese percorrido puidemos comprovar a incidencia do tráfico rodado nas estradas do Parque Natural da Baixa Limia-Serra do Xurés, observando numerosos exemplares de vertebrados atropelados.

O grupo máis afectado por este feito foi o dos anfibios, nas imaxes aparecen varias píntegas (Salamandra salamandra), unha delas "preñada", unha rá da veiga (Discoglossus galganoi), varios sapos cunqueiros (Bufo bufo), un sapo corriqueiro (Bufo calamita)..., pero tamén atopamos tres mamíferos atropelados, un deles un coello de monte (Oryctolagus cuniculus) e os outros dous roedores de pequeno tamaño que non fumos quen de identificar.

Estas imaxes demostran dous feitos, por unha banda a riqueza de anfibios do Parque Natural, por outra a fraxilidade mesma desta riqueza, exposta ao perigo do tráfico rodado debido á ausencia de pasos para fauna.

viernes, 10 de septiembre de 2010

Sapos corriqueiros: cando a beleza aparece cuberta de verrugas.











Ocorre en ocasións que a beleza non está en ningún outro sitio máis que nos ollos de quen é capaz de admirala, enfrontándose a ela sen prexuizos, e demostrando así cal é o verdadeiro significado da parabra SENSIBILIDADE.

Os sapos corriqueiros (Bufo calamita) son quizáis uns dos máis belos anuros dos que saltan por estas terras ourensás, nestas imaxes, obtidas no concello de Esgos na compaña de Rafa Vázquez, Vero e Noa, podedes apreciar parte dos exemplares atopadas, durante xornada de "bicheo" do pasado día 4 de setembro que seguramente pasará á historia, sobretodo por divertida e amena.

Bromas aparte, gustaríame adicar este post a unha persoa que amosa ter esa especial sensibilidade para atopar con relativa facilidade a beleza, trátase de Anxos Romeu, promesa da odonatoloxía galega á que desexamos dende aquí notables e futuros éxitos.