COLEGAS

Mostrando entradas con la etiqueta Asio flammeus. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Asio flammeus. Mostrar todas las entradas

martes, 29 de diciembre de 2009

Curuxa das xunqueiras en Vilar de Santos.



A curuxa das xunqueiras (Asio flammeus) é unha especie de ave rapaz nocturna invernante en escaso número na provincia de ourense, confésovos que é unha especie á que lle tiña moitas ganas.

Este exemplar, que se observa a moita distancia, foi localizado a noitiña do día 26 de decembro de 2009, na chaira agrícola de Vilar de Santos, non moi lonxe do pobo das Casas da Veiga, o particular do caso é que a curuxa en cuestión está pousada nun cable eléctrico no que tamén estaba pousado un pequeno bando de estorniños.

Aparentemente a curuxa parecía estar agardando os posibles roedores que puideran sair da granxa que está xusto diante do tecido eléctrico e que nese momento tiña a porta aberta.

Sei que a imaxe non é nada boa, meramente testimonial, agardo nos próximos meses poder ofrecervos algún material mellor.