A garza real (Ardea cinerea) é a ardeida máis frecuente da provincia de Ourense, en inverno podémola atopar na maior parte dos ríos da provincia. O resto do ano podemos atopar exemplares inmaturos e non reproductores espallados polos ambientes acuáticos existindo, asemade, unha pequena poboación nidificante.
No totante á depresión Ourensá a especie amósase frecuentemente no río Miño e nos seus afluentes, tendo un comportamento pouco tímido, descarado incluso en ocasións, cando utiliza as chacas artificiais, que vos comentaba o outro día, para pescar. Fai unhos anos a garza agardaba á noite para face-lo sen embargo agora xa o fai a plena luz do día. Deixa entón a nosa amiga unhas estampas curiosas que fan as delicias dos viandantes.
Nas imaxes, optidas o pasado día 10 de setembro de 2014, podedes apreciar un destes exemplares urbanitas nun dos parques da cidade de Ourense, dando boa conta dos carpíns que alí se atopan.