COLEGAS

Mostrando entradas con la etiqueta Acrocephalus arundinaceus. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Acrocephalus arundinaceus. Mostrar todas las entradas

miércoles, 1 de septiembre de 2010

Folosa grande en Vilar de Santos.



A folosa grande (Acrocephalus arundinaceus) é un paseriforme estival de tamaño apreciable, escaso como nidificante en Galicia. A Limia posúe a que quizáis sexa a maior poboación nidificante da nosa comunidade autónoma.

Na pasada tempada de cría localizáronse só no espazo natural das areeiras da Limia (incluído dentro da Zepa da Limia en terreos do concello de Sandiás), un total de 14 machos cantores desta especie.

Nas imaxes aparece un dos exemplares capturados por Emilio Martinez Sabarís, Pablo A. Sanmartín Santiago e Cristina Casalderrey Cánovas para anelamento na Limia durante as xornadas dos días 13, 14 e 15 de agosto de 2010.

martes, 11 de agosto de 2009

Folosa grande na Limia



Fotografías dunha folosa grande (Acrocephalus arundinaceus) nunha areeira do cancello de Sandiás o día 9 de agosto de 2009.

A folosa grande é un paxaro escaso na provincia de Ourense xa que necesita de grandes extensións de canabeiras e xuncos para reproducirse, a Limia é un dos contados lugares onde a especie é frecuente.