COLEGAS

Mostrando entradas con la etiqueta Amigos da Terra. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Amigos da Terra. Mostrar todas las entradas

jueves, 5 de febrero de 2015

Festexa coa Aula da Natureza do río Miño e cos Amigos da Terra o día Mundial dos Humidais.

Co gallo da celebración do Día Mundial dos Humidais (que é propiamente o día 2 de febreiro) Aula da Natureza do Río MIño (Concello de Ourense)realizaremos en colaboración con Amigos da terra un pequeno percorrido pola marxe dereita do río, saindo dende a pasarela de Outariz e que rematará na localidade de Untes, que servirá para iniciarse na observación de aves propias de entornos lacustres ou fluviais e que será guiado polo naturalista ourensán Alberto Rivero.

Aconsellamos o uso de calzado cómodo e traer prismáticos e guías de aves, se dispoñen deles.
Non é preciso inscribirse previamente. Rogamos puntualidade.





sábado, 13 de septiembre de 2014

Participa no encontro de Soberanía Alimentaria en As Corcerizas!‏

 

ENCONTRO DE SOBERANÍA ALIMENTARIA
ALTERNATIVAS LOCAIS PARA UN CAMBIO GLOBAL

Amigos da Terra convídavos a participar nun encontro do 26 ao 28 de setembro, no que pretendemos construir pontes entre a xente e os seus alimentos

A relación que temos cos alimentos e a forma na que os producimos está sometida a presións crecentes. Como resultado, a agricultura a pequena escala está sendo reemplazada por unha a gran escala, creada por agro-empresas transnacionais.
AGRO-INDUSTRIA E REPERCUSIÓNS SOBRE O MEDIO E COMUNIDADES: con Blanca Ruibal-Amigos de la Tierra:
  • Quén se beneficia cos transxénicos? Unha industria baseada en mitos
  • Acaparamento de terras: casos exemplo de Liberia e Indonesia
  • Os tratados de libre comercio: o novo asalto da globalización económica
DA HORTA AO PRATO. Obradoiro de Cociña EcoLóxica Local: alternativas prácticas para un cambio global. Con Gloria Domecq, especialista en cociña natural. Outros temas que trataremos:
  • Obradoiro de autoprodución de setas
  • Os "Alimentos Quilométricos"
  • O despilfarro alimentario
Participa!
 
Límite de inscrición:
23 de setembro; prazas limitadas!
Máis información:
www.ascorcerizas.com/info@ascorcerizas.com
ou contactando no 986 229 089, local de Amigos da Terra en Vigo.


jueves, 4 de septiembre de 2014

Coñece o bidueiral de Montederramo cos Amigos da Terra.

Coñece o Bidueiral de Montederramo!

Amigos da Terra convídavos a fin de semana do 13-14 de setembro, a participar nun roteiro guiado pola "fraga das damas brancas", o bosque de bidueiros mellor conservado de Galicia


Sábado - 10.30h. Saída ao Bidueiral de Montederramo: ruta guiada polo bosque; identificando as especies autóctonas, os seus usos mediciñais e o alto valor ecolóxico do espazo. Xantar de campo, coa volta prevista para as 19.30h. en As Corcerizas.
Domingo - 10.30h. Visita As Corcerizas e voluntariado: unha oportunidade de coñecer os recursos do centro ou participar nunha acción conxunta para a mellora ambiental do entorno. Fin da actividade ás 13.30h.,abertas as instalacións ata 17.30h.
 
 
As actividades son de balde
Podes apuntarte só ao roteiro ou á fin de semana completa:
ALOXAMENTO - 15 € a noite no albergue
ALIMENTACIÓN- por conta das participantes:
- Sábado levar xantar de campo; posibilidade de cea compartida
- Domingo almorzo e xantar opcional
Prazas limitadas, por orde de inscrición;terán prioridade as socias de Amigos da Terra
 
Actívate na defensa do medio ambiente!
 MÁIS INFORMACIÓN E INSCRICIÓN:
Amigos da Terra en Vigo: 986 229 089
info@ascorcerizas.com

www.ascorcerizas.com

www.facebook.com/Ascorcerizas
 
 

martes, 29 de octubre de 2013

Roteiro por Montealegre para finalizar o proxecto “Movéndonos para o cambio”



Este mércores 30 de outubro, terá lugar un roteiro por Montealegre, ás aforas de Ourense. Esta actividade dará por finalizado o proxecto xuvenil “Movéndonos para o cambio” que Amigos da Terra Xuventude leva desenvolvendo durante estes dous últimos meses nas vilas de Ourense e Vigo.
O monte de Montealegre é un hábitat de influencia mediterránea, onde ademais, é posible a observación de anfibios e réptiles de tipo termófilo. Teremos a posibilidade de divisar como quedaron as zonas afectadas polos incendios que sufriu o lugar durante este verán, ademais de ver como se están recuperando as zonas que foron afectadas en veráns anteriores. Poranse en relevancia as necesidades de restauración e de conservación destas áreas. Por desgraza, tamén poderemos ver a existencia de vertidos de residuos sólidos urbanos ao longo do percorrido.
O punto de encontro para o inicio do roteiro será o Xardín Botánico de Montealegre ás 17:00 h.
Destinatarios/as: todas as persoas interesadas en coñecer e sensibilizarse co entorno da provincia. Especialmente para persoas entre 18 e 35 anos de idade.
Data e horamércores 30 de outubro, entre as 17:00 h e as 19:30 h.
Actividade gratuíta.
Se estás interesado/a en participar, envía a ficha de inscrición que aparece no final desta nova ou solicita máis información a:
Correo-e:    voluntariado.galicia@amigosdaterra.net
Teléfono: 988 374 318 (oficina de Amigos da Terra, Ourense)
Financia: Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.
 
Martín Domínguez
Iniciativas xuvenís- Área de Voluntariado
Amigos da Terra Galicia - Membro de Friends of the Earth International
Rúa Progreso, 91 - Galerías Proyflem, entreplanta, local 9B. 32003 Ourense
Tel. [+34] 988 374 318
voluntariado.galicia@amigosdaterra.net
www.amigosdaterra.net

lunes, 28 de octubre de 2013

Roteiro en Puzo do Lago coa colaboración de “Acción Ambiental”



O vindeiro luns día 28 de outubro terá lugar un roteiro interpretativo polo ENIL (Espazo Natural de Interés Local) “Puzo do Lago” ubicado no concello de Maside. Esta actividade forma parte da iniciativa xuvenil “Movéndonos para o cambio” promovido por Amigos da Terra Xuventude e, nesta ocasión, contaremos coa colaboración da asociación xuvenil “Acción Ambiental” que no marco do “Proxecto CEUS” (Camiñando cara unha Europa Sostible) levan arredor de 6 meses realizando accións de restauración, conservación e educación ambiental no entorno do humidal.
Con esta actividade preténdese promover unhas actitudes de sensibilización e de respecto cara o medio ambiente e intentar potenciar as sinerxias entre grupos ambientais afíns.
Tentaremos coñecer todas as particularidades deste peculiar espazo e farase fincapé na importancia e necesidade de conservación das zonas húmidas como fontes ricas en biodiversidade.
Tal como no roteiro deste domingo polo río Barbantiño, quedaremos na explanada da Policía Nacional de Ourense ás 17:00 h, para desprazarse ata o Maside en coche. As persoas que queiran ou que vivan máis preto do lugar que visitaremos, poden estar ás 17:30 h xunto ó caseto de “Puzo do Lago”. O regreso está previsto sobre as 19:00 h da tarde.
Destinatarios/as: todas as persoas interesadas en coñecer e sensibilizarse co entorno da provincia. Especialmente para persoas entre 18 e 35 anos de idade.
Data e horaluns 28 de outubro, entre as 17:00 h e as 19:00 h.
Actividade gratuíta.
Se estás interesado/a en participar, envía a ficha de inscrición que se adxunta neste email ou solicita máis información a:
Correo-e:    voluntariado.galicia@amigosdaterra.net ou accionambiental@hotmail.es 
Teléfono: 988 374 318 (oficina de Amigos da Terra, Ourense)
Financia: Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.

viernes, 18 de octubre de 2013

Roteiro ambiental Paseo do Barbantiño-Fervenza do Viñao.



Esta fin de semana, dentro do proxecto de iniciativas xuvenís “Movéndonos para o cambio” promovido por Amigos da Terra, temos prevista a realización dun roteiro ambiental no entorno da vila de Ourense.
Desprazarémonos ata o río Barbantiño para desfrutar do seu paseo ata chegar ao lugar coñecido como “Fervenza do Viñao ou do Cachón”. Trataremos de coñecer un pouco máis sobre o entorno da provincia para axudar á sensibilización ambiental e á conservación do territorio. Ademais, falaremos sobre distintas problemáticas e particularidades ambientais asociadas ás zonas húmidas que poidamos observar durante o transcurso do roteiro.

O lugar para quedar inicialmente será a explanada do edificio da Policía Nacional de Ourense o domingo 27 de outubro ás 10:00 horas. Distribuiremos as prazas dispoñibles dos coches entre os participantes para o transporte ata o lugar do roteiro. A hora de regreso está prevista para ás 13:00 horas, aproximadamente.

Destinatarios/as: todas as persoas interesadas en coñecer e sensibilizarse co entorno da provincia. Especialmente para persoas entre 18 e 35 anos de idade.

Data e hora: domingo 27 de outubro, entre as 10:00 h e as 13:00 h.
Actividade gratuíta.

Se estás interesado/a en participar, ponte en contacto con nós:
Teléfono: 988 374 318 (oficina de Amigos da Terra, Ourense)

miércoles, 2 de octubre de 2013

Obradoiro de compostaxe e vermicompostaxe doméstica en Ourense.

O xoves 3 de outubro levarase a cabo o segundo obradoiro relacionado co Consumo Responsable, que está enmarcado no proxecto xuvenil “Movéndonos para o cambio”.

Desta vez tratarase dun obradoiro teórico-práctico sobre compostaxe e vermicompostaxe doméstica. Falaremos sobre a problemática asociada aos residuos e sobre cal é a situación actualmente en Galicia. Proporemos alternativas como a compostaxe a nivel doméstica e amosaremos como aproveitar un produto de desfeito transformándoo nun produto útil e de calidade.

Na parte práctica elaboraremos manualmente un composteiro, que nos servirá para converter os nosos residuos orgánicos en compost, un produto excelente como rexenerador de solos.

Localización: Centro Cívico Colón,  Rúa Colon, nº 18, 3º  andar. Ourense.
Destinatarios/as: Todas as persoas interesadas en coñecer o modelo de residuos existente en Galicia e aquelas que estean interesadas en compostar os seu residuos. Especialmente orientado para persoas entre 18 e 35 anos de idade.
Data e horaxoves 3 de outubro, entre ás 18:00 h e as 20:00 h
Actividade gratuíta, prazas limitadas.
Financia: Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado

Se estás interesado/a en participar ou precisas máis información
Teléfono: 988 374 318 (oficina de Amigos da Terra, Ourense)

sábado, 31 de agosto de 2013

Voluntariado de Amigos da Terra no centro ambiental de As Corcerizas.

Un grupo de activistas da asociación ecoloxista Amigos da Terra organiza a vindeira fin de semana, dende o 6 ata o 8 de setembro unha xornada de voluntariado ambiental para dar continuidade aos traballos forestais que se iniciaron esta primavera no entorno de As Corcerizas, na serra de San Mamede: recollida de leña, limpeza do monte, protección de árbores, e para completala xornada conpartindo experiencias, organizaráse un cursillo de auto cultivo de setas.

O aloxamento no albergue será gratuito, así como o almorzo. Os participantes terán que levar a comida do sábado e o domíngo, asi como unhas verdurillas para a cea do sábado, co fin de acompañar a pasta e o arroz que porá a asociación.

A chagada será o venres ás 18:00 h e a saída o domingo pola tarde.

Se queredes participar nesta actividade debedes enviar un correo ou chamar por telf á oficina da asociación en Ourense.

correo: www.voluntariado.galicia@amigosdaterra.net 

teléfono: 988 374 318

Ahí xa contactarán con vós para ultimar detalles.



 


martes, 5 de febrero de 2013

Valance do día dos humidais en Ourense.

Quedábame por facer a valoración do festexo do día internbacional dosa humidais. A aceptación foi boa, e os participantes da xornada foron realmente excepcionais. Mostrando en todo momento un gran interese polo desenrrolo da actividade, con curiosidade e moito respeto. Este feito, unido a que eu levaba moito tempo sen facer nada similar, fixo que non parase de falar e me esquecera da cámara, polo que fixen moi poucas fotos, tan só tres...

A andaina comezou na Aula da Natureza do río Miño, collendo camiño cara a desembocadura do río Loña cruzando pola pasarela de recente construcción. Como o tema de este ano versaba na xestión da auga e dos humidais, fixemos fincapé na construcción das presas e o grave obstáculo que supoñen para a migración de certas especies de peixes. Asemade fomos identificando as diferentes especies invasoras, principalmente vexetais, que se presentan na ribeira de ámbolos ríos.

Chegados ao Loña, puidemos observar varias especies de aves, principalmente forestais, e un martiño peixeiro (Alcedo atthis), ademáis de algún peto, anduriñas dos penedos (Ptyonoprogne rupestris), e un par de buxatos (Buteo buteo). Tamén detectamos a presencia de captacións ilegais de augas no cauce do Loña, e algún verquido.

Chegados a Mende detectamo-la presenza de varios rastros de animais, pegadas e fozadas de xabarín (Sus scrofa) un paso de fauna e piñas comidas por esquíos (Sciurus vulgaris): A detección do paso de fauna, como un  carreiro polo que os animais soen pasar, serviunos coma escusa para falar da incidencia dos atropelos de mamíferos nas estradas e a ausecciá de paso para fauna que eviten accidentes e atropelos nas grandes infraestruccturas viarias da provincia.

Xa de volta falamos da antiga existencia de lagoas no barrio ourensán de "As Lagoas" e a destrucción das mesmas durante o proceso de urbanización do mesmo. Neste barrio remataba a andaina, pero antes de abandonar a actividade, visitamo´la sobreira de as lagoas, unha árbore senlleira de 500 anos de idade que correu o perigo de ser talada e que se salvou grazas á oposición veciñal. Para rematar abrazámola árbore para demostrarlle o gran cariño dos asistentes.

Rematada a actividade fun dar unha volta para refexionar sobre a xornada, camiñando cheguei ao colexio das Eiroás, pertencente ao C.P. Virxe de Covadonga onde cursei os meus estudos primarios, cal sería a miña sorpresa ao decatarme de que na porta había un cartaz anunciando a actividade que viña de rematar, confésovos que foi unha reacción ben curiosa e emocionante ver o meu nome na porta do colexio...





Por último quixera agradecer a asistencia a tódolos presentes así como a paciencia en aguartarme o rollo, que sei que ás veces me poño pesado, gardo sinceramente que este sexa o comezo dunha chea de actividades semellantes.

lunes, 21 de enero de 2013

Conmemoración do día dos humidais cos Amigos da Terra na Aula da Natureza do río Miño.

Co gallo da conmemoración do 42 aniversario do Convenio Ramsar, un ano máis, en colaboración coa Aula de Natureza do río Miño da Concellería de Educación, a Concellería de Medio ambiente, e o naturalista Alberto Rivero Saeta querémosvos convidar á realizar unha saída  polas ribeiras dos ríos da cidade ao seu paso polo concello de Ourense, para o sábado 2 de febreiro pola maña.


Partiremos dende a Aula da Natureza do río Miño, ás 10:00 horas e tras un paseo, dunhas tres horas, polas ribeiras do Miño, o Loña e  finalizaremos a nosa ruta no Barrio de "As Lagoas".

No percorrido, e coa axuda inestimable de Alberto Rivero, aproveitaremos para coñecer un pouco mellor a flora e a fauna dos nosos ríos. Tamén faremos fincapé nos diferentes estadíos de conservación dos ecosistemas de ribeira que teremos a oportunidade de comparar.

A data límite para anotarse será o venres día 1 de febreiro pola mañá, por correo electrónico en:

aulanatureza@ourense.es

voluntariado.galicia@amigosdaterra.net, ou ben nos teléfonos 988 510 781 -  988 374 318.

Recordade que debedes levar un calzado adecuado para camiñar, roupa de abrigo e/ou de choiva, auga e, si tedes, prismáticos e cámara de fotos.

En resumo:
Data da saída: 2 de febreiro
Percorrido: polas ribeiras do Miño, do Loña e Barrio de "As Lagoas"
Lugar de inicio do percorrido: Aula de Natureza do río Miño; paseo fluvial de Oira s/n, Ourense
Hora de saída: 10:00 horas
Tempo estimado: unhas tres horas, ata as 13:00 horas
Contacto: nos correos: aulanatureza@ourense.es  ou   voluntariado.galicia@amigosdaterra.net
              ou nos telefonos:  988510781  ou 988 374 318
Data límite: 1 de febreiro pola mañá

--
Faite soci@ de Amigos da Terra
Ángel Dorrío

Amigos da Terra Galicia - Membro de Friends of the Earth International
Rúa da Concordia, 20 - 2º Esq. 32003 Ourense
Tel. [+34] 988 374318
Fax. [+34] 988 511020
angel.dorrio@amigosdaterra.net

lunes, 14 de febrero de 2011

Día dos humidais en Ourense.










"Agradecede á chama a súa luz, pero non esquezades ao pé do cadil que constante e paciente a sostén na escuridade"- Rabindranath Tagore (1861-1941)- Poeta Bengalí.

Como sabedes, o pasado día 5 de febreiro de 2011, festexamos dende a Aula da Natureza do río Miño en Ourense, o día dos humidais, da man tamén da asociación ecoloxista Amigos da Terra, a través do programa de ecovixías, e coa colaboración do Concello de Ourense. Tenden parte das imaxes do día picando aquí e unha crónica do acontecido picando aquí.

Dende Fauna Vertebrada de Ourense queremos agradecer o éxito da convocatoria, así como a aportación de tódolos presentes para o mellor coñecimento dos valores naturais do río Miño, e a achega á problemática ambiental do mesmo.

Agárdovos na seguinte ecovixía, que seguro será pronto, e de novo douvos as grazas por participar no programa de ecovixías en Ourense.


martes, 25 de enero de 2011

Festexa o día dos Humidais en Ourense.


 Co gallo da conmemoración do 40 aniversario do convenio Ramsar, Amigos da Terra e a Aula da Natureza do Río Miño de Ourense querémosvos convidar a unha saía ornitolóxica pola ribeira do río Miño ao seu paso polo concello de Ourense.

Seguindo as recomendacións emitidas pola SEO de este ano, que aconsellan facer fincapé na conservación e estudio da vexetación de ribeira para contextualizalo no presente ano 2011, o "ano dos bosques", faremos fincapé nos diferentes estadíos de conservación da vexetación de ribeira no contexto local.

A saída terá lugar o vindeiro sábado día 5 de febreiro de 2011. Partiremos ás 10 da mañá dende a Aula da Natureza do río Miño en Oira (Ourense), a pé, visitando as zonas termais da cidade (A Chavasqueira e Outariz), e observando as aves acuáticas invernantes na Depresión Ourensá, chegando ata o observatorio ornitolóxico de Untes, onde daremos volta, rematando a actividade entre as 18:30 e as 19:00 h.

Para aqueles que o desexen recoméndase o seguinte material:

Binóculos e caderno de campo.
Calzado cómodo.
Roupa de abrigo.
Bocadillo e bebida.

Aqueles que o desexen poderán facer uso dar termas públicas situadas en Outariz, as únicas que neste momento non están asulagadas polo río Miño, polo que si queredes podedes traer toalla e bañador.

Para a volta existe servicio de transporte público, tanto bus urbán, coma o popular tren turístico das termas, cun prezo que oscila entre os 80 cents. e 1 E.

Para apuntarvos na actividade podedes chamar aos telfs:

988 510781 ( a atención deLuis) ou ao 988 605422 ( a atención de Alberto).

Ou ben enviando un correo a calquera das seguintes direccións:

www.aulanatureza@ourense.es.

ou á miña propia dirección de correo electrónico que todos coñecedes.

Picade na imaxe para procurar os detalles.

jueves, 7 de octubre de 2010

Xornadas de Rastros nas Corcerizas.

Pica na imaxe para máis información, anímate e participa con nós neste novo encontro no Centro de Educación Ambiental das Corcerizas.

lunes, 4 de octubre de 2010

Águias reais na Serra de San Mamede.















Se un privilexio ornitóloxico ten esta provincia de Ourense, no contexto galego, é a oportunidade de ver á xoia da corona formada polas aves rapaces, este xoia é sin dúbida algunha a maxestuosa águia real (Aquila chrysaetos).

A águia real é un ave rapaz de gran tamaño, duns 2 metros de envergadura. Extremadamente escasa en Galicia, Ourense conta ca maioría (senón todas) das parellas que aniñan na nosa comunidade.

En tempos presente na maioría dos hábitats faborables para a especie (lugares como a Ribeira Sacra ou a Baixa Limia), na actualidade contadas parellas aniñan nas montañas do leste ourensán, acosadas polos campos eólicos, líneas imposibles de alta tensión, cazadores sin escrúpulos e envelenamentos.

O pasado día 26 de setembro de 2010, os integrantes do encontro de voluntarios de Amigos da Terra fixemos un roteiro dende as Corcerizas ata o Bidueiral de Montederramo, xa de volta tivemos a oportunidade de observar dous exemplares desta especie voando sobre os cumios da Serra de San Mamede, unha experiencia que, ben seguro, ningún de nos esquecerá facilmente.

jueves, 30 de septiembre de 2010

Depuración de augas residuais con macrofitas nas Corcerizas.
















Como vos dixen na anterior entrada, a pasada fin de semana estivemos de encontro de voluntariado cos Amigos da Terra na Serra de San Mamede.

Unha das labouras realizadas durante este encontro foi a reparacións dunha das balsas de depuracións de augas residuais que posúe as instalacións das Corcerizas.

A depuración de augas residuais con macrofitas consiste na utilización de prantas acuáticas como xuncos ou espadanas, para elo se constrúen balsas de auga que se enchen ca auga que rebosa dos pozos negros, nestas balsas se colocan unhas estructuras frotantes nas que se prantan as macrofitas, as balsas están impermeabilizadas polo que as raices están en pleno contacto ca auga. As bacterias que viven en sibiose nas raices das prantas son as que realizan esta depuración das augas, axudadas polo aire que existe nas cabidades das folllas das propias prantas.

Nas instalacións das corcerizas construiuse asemade unha segunda balsa para facer unha segunda depuración das augas para o súa posterior liberación ao medio.

Esta balsa necesitaba unha urxente reparación debido a que se detectou unha fuga de auga que fixo que a vexetación acuática se secase, polo tanto procedimos ao baleirado da mesma, co correspondente rescate de fauna asociada á balsa, para repara-la impermebilización.

Nas imaxes que acompañan este post podedes ver o avance da reparación da balsa e a outro que non foi reparada xa que se atopa en perfectas condicións de uso. De todos xeitos, desta última foron retirados os salgueiros (Salix sp) polo perigo que supuñan para as macrofitas,, xa que podían "afogar-las" xa que compiten con estas polo espazo da charca, estes salgueiros foron reprantados nun lugar máis axeitado.