COLEGAS

Mostrando entradas con la etiqueta Charadrius hiaticula. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Charadrius hiaticula. Mostrar todas las entradas

sábado, 30 de agosto de 2014

Arieiro grande no encoro de Cachamuiña.

O arieiro grande (ou píllara) (Charadrius hiaticula) é unha ave limícola que parece en pequeno número durante os pasos migratorios, principalmente durante o paso postnupcial, que é o que nestes días está tendo lugar, e no que as aves migradoras se despazan entre os seus lugares de cría no Norte e os seus cuarteis de invernada máis ao Sur.

Durante estes longos desprazamentos, de cando en vez, hai que repor forzas, parando nalgún lugar para alimentarse, e así poder continuar a viaxe.

O arieiro grande das imaxes, fotografado o pasado día 23 de agosto de 2014, decidiu que o lugar apropiado para repor forzas era o encoro de Cachamuiña, situado no concello de Pereiro de Aguiar, e do que, a veces, se abastece de auga potable a cidade de Ourense.

Parte deste encoro posúe unha área lamacenta, que é apropiada para a observación de aves limícolas durante os pasos migratorios, sempre en números moi reducidos.












lunes, 12 de septiembre de 2011

O arieiro grande e o pilro común nas areeiras da Limia.






arieiro e o nome co que se coñecen na provincia ás aves integrantes do xénero charadrius, desta volta estamos perante a un arieiro grande (Charadrius hiaticula), e un pilro común (Calidris alpina), ambas aves limícolas (que se alimentan en áreas de limo ou lamacentas).

Durante as pasaxes migratorias (arestora estamos inmersos na pasaxe postnupcial) poden producirse curiosas asociacións de aves, que frecuentan áreas de alimentación similares. Así pode ocorrer con diferentes tipos de paseriformes, ardeidas e limícolas. Neste caso, parece que sedimentaron dous exemplares, segundo Diego Rodriguez Vieitas, días antes eran algñun máis, quedando rezagados dos grupos.

O pasado día 2 de setembro de 2011 estas dúas aves facíanse compaña ante a ausencia de outros da mesma especie, movéndose e alimentándose xuntos nunha das barreiras das areeiras da Limia de Sandiás. Alleos ás miradas inquisidoras dun aprendiz de ornitólogo que andaba por alí, miradas indiscretas quizáis, imaxinarias, que logo puxeron banda sonora ao momento observado, e velahí esta a cantiga inspiradora...

martes, 7 de septiembre de 2010

Píldora de colar en Pereiro de Aguiar.




A píldora de colar (Charadrius hiaticula) é unha limícola que se presenta, en número escaso, na provincia durante os pasos migratorios. A maioría das citas da especie acumúlanse na bisbarra da Limia.

Nestas imaxes podedes observar dous exemplares detectados no encoro de Cachamuiña (Pereiro de Aguiar), o pasado día 4 de setembro de 2010, na compaña de Rafa Vázquez, Vero e Noa, sendo a primeira observación persoal realizada desta especie nesta parte da provincia.


martes, 6 de octubre de 2009

Píldora de colar e pilro común na Limia





Fotografías do día 3 de outubro de 2009, nas areeiras da Limia en Sandiás, nas que se pode observar duas píldoras de colar (Charadrius hiaticula) na compaña dun pilro común (Calidris alpina), unha imaxe que evoca a máis mariña das paisaxes, en pleno interior.

martes, 22 de septiembre de 2009

Xa quedan menos píldoras de colar na Limia.





O día 19 de setembro tan só se localizaron 2 píldoras de colar (Charadrius hiaticula) nas areeiras da Limia en Sandiás, contrastando claramente co número detectado na pasada semán.

martes, 15 de septiembre de 2009

Píldora de colar na Limia.






Nestes días estase a producir un intenso paso migratorio de aves limícolas a través da provincia, e as Areeiras da Limia estanse a transformar nun punto obligado de descanso para moitas especies, entre elas está a píldora de colar (Charadrius hiaticula).

O día 13 de setembro de 2009 localizáronse 10-15 exemplares en distintas areeiras do concello de Sandiás, unha cifra máis que significativa para unha localidade interior.