COLEGAS

Mostrando entradas con la etiqueta Chandrexa de Queixa. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Chandrexa de Queixa. Mostrar todas las entradas

domingo, 17 de febrero de 2013

Sapo cunqueiro atropelado na serra de Queixa.

En moitas ocasións temos falado do sapo cunqueiro (Bufo bufo) como unha especie de anfibio anuro abondosa en Ourense, mais non exenta de problemas, xa que é unha das especies que máis afectada se ve polos atropelos.

A apertura indiscriminada de pistas en algunha das nosas serras ten producido un considerable aumento da accesibilidade de vehiculos a motor polos montes, quads e motos de montaña principalmente, aínda que tamén todo terreos e un longo etc.... Este aumento do tráfico rodado en zonas tan agrestes era un feito descoñecido ate hai uns 30 anos. Sen embargo a día de hoxe pode chegar a ser unha das prioncipais causas de morte de anfibios en certas zonas. Este feito produciuse moi especialmente en certas áreas das bisbarras de Monterrei e A Limia, onde se fixeron concentracións parcelarias coa conseguinte apertura indiscriminada de pistas, que se traduciu na practica nun xenocidio para as especies de hérpetos presentes nesas zonas.

Os atropelos prodúcense principalmente na época reproductora, momento de gran movimento de anfibios na procura do líquido elemento para reproducirse, un problema de dificil solución, ou quizáis non...

Para aqueles que pensamos que unha mellor provincia de Ourense é posible, a solución pasa por un compromiso por parte de todas as administracións competentes, para a localización dos principais puntos de atropelo de anfibios e a conseguinte colocación de pasos soterráneos e barreiras para guialos bichos a así evitar a absurda condena a morte á que estamos sometendo a unha parte imprescindible da nosa fauna.

Na imaxe un sapo cunqueiro atopado morto por atropelo na serra de Queixa o pasado día 4 de agosto de 2012.

sábado, 12 de enero de 2013

Rapina cinsenta na serra de Queixa.

A rapina cinsenta (Circus pygargus) é unha ave raz de tamaño medio relativamente frecuente na provincia de Ourense, nos puntos axeitados. Depende, a excepción da bisbarra da Limia onde nidifica en cultivos de cereal, das áreal de mato da media e alta montaña ourensá, coma as toxeiras, queirugais e xesteiras.

Na serras que compoñen o macizo central ourensán, é un hábitat frecuente, polo que a especie pode observarse con relativa facilidade. Trátase dunha especie estival que acude en primavera á nosa provincia para criar.

As imaxes que acompañan esta entrada foron obtidas o pasado día 14 de setembro de 2012 na serra de Queixa, en terreos do concello de Chandrexa de Queixa.








Nelas podedes observar un exemplar novo pousado e en voo de expedición retratado a unha considerable distancia do observador.

lunes, 7 de enero de 2013

Cobra lagarteira europea na Serra de Queixa.

Ei de confesar que nos derradeiros anos este especie, a cobra lagarteira europea (Coronella austriaca), é un dos meus animais totémicos. Pese á súa relativa escaseza na provincia de Ourense, cuia distribución atinxe a certas bisbarras de montaña ou con maior concentración de precipitacións, como A Baixa Limia ou A Limia.

A pesar desta relativa escasez é un animal que me teño atopado en múltiples ocasións naqueles lugares con hábitat adecuado, polo que parece que nas zonas adecuadas acada densidades importantes.


Nesta ocasión preséntovos un exemplar do Macizo Central, concretamente da serra de Queixa, fotografado o pasado 8 de agosto de 2012.

jueves, 23 de diciembre de 2010

O Queixa: ser mitolóxico do Macizo Central?


"Se a paixón, a loucura non pasaran algunha vez polas almas ¿de qué valdría a vida?"
Jacinto Benavente
(1866-1954) Dramaturgo español.

Alguén me dixo recentemente, un bó amigo, que para enfrontarse á verdade hai que ter a mente aberta, gran frase dun ornitólogo que cada vez que vexo me deixa ca boca aberta, cheo de sabiduría, humildade e saber estar.

Fai algún tempo sei que vos trouxen de cabeza cas informacións vertidas a través das páxinas deste blogue sobre o lince no contexto xeográfico ourensán. como moitos de vós sabedes, recivo correos de diferente índole que me achegan ás veces a atopar bicho moi interesantes, e algúns de vós tendes vido comigo a tales encontros, moi ben agora contareivos unha lenda ca que me atopei recentemente.

En certo pobo do Macizo Central Ourensán hai un foxo para os lobos, os foxos son unhas antigas construccións, das que falaremos pormenorizadamente en próximas xornadas, ideadas para rematar ca vida do último gran depredador da provincia: O lobo ibérico (Canis lupus signatus.

Sen embargo neste foxo non só se deu morte aos lobos, senón tamén ao "queixa", un animal temido, e descrito como un felino de gran tamaño...

Queixa? dixen eu...entón lembreime de que hai que abri-la mente para enfrontarse á verdade, e pescudei, entón topeime con iste enlace, no que se escoita o son dunha femia do lince ibérico (Lynx pardina). E propoño a teoría seguinte:

O queixa é o lince, ou lobo cerval, e o lobo cerval é chamado así non por que se alimentase de cervos, senón por que emitía sons, vocalizacións como eles. será certa a miña teoría? sera tan só pura criptozooloxía?, ou calquera parecido ca realidade é pura casualidade?

Certo ou non o queixa existiu, quizáis exista aínda no corazón de alguén, ou quizáis sexa tan só un compañeiro máis de viaxe do yeti, o bigfoob e nessy.

Pero de ser certo teriamos entón un novo dato, Chandrexa de Queixa, sería entón un topónimo asociado á presencia do gran felino da fauna ibérica na provincia de Ourense, e para aqueles que están a castelanizar os nosos topónimos, con perlas como Rubiana por Rubiá, ou Desván de los Monges, por Sobrado dos Monxes, direilles entón que o que eles pretenden que sexa Chandreja de Queija, en castelán será por sempre xamaás, "el llano de la iglesia del lince", se é que o queren traducir correctamente. Bromas aparte o topónimo de Chandrexa de Queixa fai alusión á serra de Queixa que como ben dí Xosé Ramón Reigada é A Serra do lince.

Recoméndovos que leades os comentarios que os lectores fixeron a esta entrada.

Sexa como sexa velahí tende-lo queixa, sacade vós as vosas propias conclusións, e se o tendes a ben, contádemo....