COLEGAS

Mostrando entradas con la etiqueta Carduelis carduelis. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Carduelis carduelis. Mostrar todas las entradas

miércoles, 25 de noviembre de 2009

Xílgaros no encoro de Cachamuíña.









Bob, this post is for you... Goldfinch in Cachamuiña, I hope you like.

Estes son parte dos xílgaros (Carduelis carduelis) que formaban un gran bando de alimentación na beira do encoro de Cachamuiña, en pereiro de Aguiar, o día 22 de novembro de 2009, dito bando estaba composto por uns 50 exemplares que se alimentaban do gran número de sementes que nestes días se poden atopar alí, o encoro de Cachamuiña acolle grandes cantidades de paseriformes desta e doutras especies e supón un importante punto de paso a nivel comarcal para este tipo de aves.

viernes, 20 de noviembre de 2009

Xílgaro comendo nas sementes dunha árbore ornamental naturalizada.


As ribeiras do río Miño ao seu paso por Ourense están infestadas por unha chea de especies vexetais introducidas.

Nestas imaxes, obtidas o pasado día 14 de novembro de 2009, podedes observar a un xílgaro (Carduelis carduelis) comendo nas sementes dun falso plátano ou plátano de sombra (Platanus hispanica).

jueves, 27 de agosto de 2009

Xilgaros novos no Barbaña.





Estas fotografías amosan exemplares novos de xílgaro (Carduelis carduelis) na vexetación de ribeira do río Barbaña o día 26 de agosto de 2009, como podedes apreciar os exemplares novos desta especie carecen da máscara bermella que caracteriza aos adultos, nestes días grandes vandadas desta especie se moven polas árbores da ribeira dos ríos de Ourense.

jueves, 12 de marzo de 2009

Os xilgaros buscan materias para o niño en Ourense



Os xílgaros (Carduelis carduelis) están nestes dias moi atarefados á procura de materiais cos que facer o niño, no centro da cidade de Ourense, pequenos bandos deste paseriforme fan caso omiso á presencia humana entragándose con corpo e plumas ó seu traballo.