Amosando publicacións coa etiqueta xogade. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta xogade. Amosar todas as publicacións

29.5.25

Clausura BE-Leolab 2024-25

 
Premer na imaxe para acceder á galería de fotos

Un curso máis realizamos a clausura da Biblioteca Escolar-Leolab facendo entrega dos recoñecementos, máis que merecidos, a alumnado e aulas: voluntariado solidario, lectura, radio, reciclaxe, actividades lúdicas e deportivas.

Un mar de experiencias vividas e compartidas ao longo dun curso no que finalizamos un novo PDI e valoramos o esforzo, a implicación e a solidariedade da nosa pequena comunidade, como se reflicte no seguinte vídeo co que pechamos o acto de clausura: lectura, información e aprendizaxe ao servizo do currículo e de tod@s, compensando as desigualdades de partida.

Clausura BE-Leolab 2024-25 de bemilladoiro

Despedir o curso rememora vivencias e emocións compartidas, e o noso "ATA PRONTO E FELIZ TRAVESÍA" vai dirixido ao alumnado de 6º de primaria que pecha unha etapa para iniciar outra, mais ben saben que esta sempre será a súa escola bibliotecaria.

Continuará!

Feliz verán lector!

31.5.24

Clausura BE-LeoLab 2023-24

 Clausura BE-LeoLab 2023-24
Premer na imaxe para acceder á galería de fotos

Hoxe, día no que realizamos a clausura da biblioteca, celebramos diversos recoñecementos que indican a boa saúde da que goza a nosa "escola bibliotecaria": voluntariado solidario, lectura, radio, reciclaxe, actividade lúdica e deportiva. Premendo nos enlaces accederedes a máis información:

  • Biblioaxudantes da Biblio, alumnado voluntario de 6º de primaria que desenvolveron un incalculable labor a prol da organización e funcionamento da nosa biblioteca.
  • Máis Leonas/Máis León, recoñecemento ao maior número de lecturas realizadas ao longo do curso, que recaeu en Leticia Chouciño de 6º de primaria, en Rita e Martín Cousillas de 3º de primaria; ante a ausencia de Martín, foi súa irmá Rita quen recolleu o seu diploma e agasallo.

  • Finalistas do Proxecto de Vida Activa e Deportiva (Proxecta+). Ao longo do curso o alumnado que, de maneira voluntaria, participou en actividades deportivas tamén recibiron cadanseu diploma: finalistas de bádminton e finalistas de cros.
  • Finalistas dos Recreos Activos, alumnado que participou en variedade de xogos de mesa (xadrez, dominó, virus, tres en raia) tamén recibiron regalo e diploma acreditativo.
  • Reciclaxe. A aula de 4º de primaria recibiu diploma de grupo e individual polo seu labor voluntario como policías do lixo e que desenvolveron ao longo do curso vixiando que cada aula realizase correctamente a reciclaxe. Ao tempo, entregaron a todo o alumnado e profesorado unha insignia de reciclaxe, por participar activamente na reciclaxe dentro de cada aula. Ademais, entregaron ás aulas que máis puntuación obtiveron por reciclar correctamente, un diploma para colocar no taboleiro de aula. Os diplomas recaeron en: 4º e 5º de infantil, 1ºB-2º de primaria e 6º de primaria.

Parabéns e grazas a tod@s!

Despedir o curso rememora vivencias e emocións compartidas, e o noso "ATA PRONTO E FELIZ TRAVESÍA" vai dirixido ao alumnado de 6º de primaria que pecha unha etapa para iniciar outra, mais ben saben que esta sempre será a súa biblio, o seu cole.

O vindeiro curso... máis!