Amosando publicacións coa etiqueta voces terroríficas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta voces terroríficas. Amosar todas as publicacións

30.10.19

Resolución concurso Voces Terroríficas


Resultaron gañadoras as irmáns Carmela e Icía Velasco Cures coa narración:
 A meiga que ve o futuro

Tamén houbo un agasallo por participar para:

O xigante Leoponcio de Pablo e Benito Varela Añón
A casa a escuras de Antía e Lucas Cousillas Antelo
O lobishome de Bergantiños de Dania Blanco

Agradecemos ás familias o esforzo que fan para participar neste concurso e felicitamos a todos e todas porque o xurado tivo un traballo ben difícil!

Tódalas narracións están publicadas en entradas anteriores deste mesmo blogue.

29.10.19

O xigante Leoponcio. Irmáns Varela Añón


Pablo e Benito, xunto cos seus papás, preséntannos esta narración que ten como protagonista a Leoponcio, un xigante moooooooi.....
....escoita!

A casa a escuras. Irmáns Cousillas Antelo


Antía e Lucas presentan esta narración que....
....dá medooooo!

28.10.19

A meiga que ve o futuro. Irmáns Velasco Cures


Chéganos unha nova historia terrorífica. Titulada: A meiga que ve o futuro, está narrada pola familia Velasco Cures especialmente por Icía e Carmela (alumnas de 4º)

Apagade as luces e ... dipoñédevos a... pasar medooooooo!

O lobishome de Bergantiños. Dania Blanco


Esta é a primeria pista de son que nos chega para participar no concurso Voces terroríficas.Enviouna a familiade Dania Blanco, de 6º de Infantil.

Isto si que é medo, medo... do de verdade!
Escoitade.

18.12.18

Entrega de Premios

O pasado mércores tivo lugar na nosa Biblio (que de momento está espidiña) a entrega do Premio de debuxos de Nadal do Concello. Nesta ocasión, o escolar premiado foi Pablo Varela, de 3º curso de primaria. Coma decote, veu o Sr. Alcalde entregalo.
Tamén, na mesma ceremonia, entregamos o premio Voces Terroríficas á alumna gañadora: Dania Blanco de 4º de E.I.
Animámosvos a todos/as a participar en sucesivas ocasións!