Amosando publicacións coa etiqueta universidade. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta universidade. Amosar todas as publicacións

1.6.10

Engalegotaménsefaiciencia


Enlace

Unha campaña promovida pola Comisión Interuniversitaria de Política Lingüística
◦Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo
◦Servizo de Normalización Lingüística da Universidade da Coruña
◦Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago
Realización: Xosé Vilaboi
Coordinación xeral: Xosé Vilaboi (Unidade de Audiovisuais da UDC) e Xesús M. Mosquera (Servizo de Normalización Lingüística da UDC)
Posprodución: Martín Vázquez (Unidade de Audiovisuais da UDC)
Gravacións e entrevistas: Gabinete Técnico de Audiovisuais da Universidade de Vigo, Servizo de Medios Audiovisuais da Universidade de Santiago de Compostela e Unidade de Audiovisuais da Universidade da Coruña
Locución: Lucía Aldao
Deseño: Julia Núñez (UDC)
Realización da páxina: Ana María Orallo (UDC)
Música: Berrogüetto (tema “Nadir” de Kosmogonías)

Agradecementos especiais pola súa participación e compromiso a: Xavier Alcalá, Beatriz de Carlos, Ángel Carracedo, Domingo Docampo, Edita de Lorenzo, Marcos Mariño, Jorge Mira e Elena Vázquez-Cendón.


OBXECTIVOS:

  • A defensa do galego vai máis alá do seu emprego literario ou da reflexión lingüística.
  • A defensa do galego inclúe tamén o seu uso cotián en todos os ámbitos da sociedade.
  • En espazos específicos de investigación, hoxe en galego tamén se fai ciencia.

28.2.09

Para saber máis... sobre vacas


Nos últimos días coñecimos dúas noticias que aumentan o noso coñecemento sobre o mundo das vacas. A saber:

Un equipo de científicos da universidade de Leicester (Ingleterra), concretamente os profesores Adrian North e Liam MacKenzie, veñen de demostrar que as vacas que escoitan música aumentan considerablemente a súa producción anual de leite (0,73 litros/día).
Non calquera música: prefiren Mozart e Ponte sobre augas turbulentas (Simon &Garfunkel). A explicación científica é que escoitar música:

* Ralentiza e uniformiza as ondas cerebrais.
* Mingua a tensión muscular, millora o movemento e a coordinación do corpo.
* Aumenta os niveis de endorfinas (sustancia química con capacidade anestésica e productora de sensacións de benestar).
* Estimula a actividad inmunolóxica.

Outras cancións que tamén aumentan a producción son:
"Everybody Hurts", de REM; "What a difference a day makes", de Aretha Franklin; "Bridge Over Troubled Water", de Simon & Garfunkel; "Moon River", de Danny Williams; "Perfect Day", de Lou Reed; y la “Sinfonía Pastoral” de Beethoven .

¡Aí queda eso!

Pero a cousa non quedou aí. Non.
Temén soubemos, grazas a un estudo da Universidade de Newcastle, que as vacas que teñen nome propio, e son tratadas por el diariamente, aumentan a súa producción anual en 258 litros/ano. A doutora Catherine Douglas e o seu colega Peter Rowlinson aportan no seu estudo probas de como un trato máis humanizado millora considerablemente a productividade, o comportamento e o benestar dos animais.

Esto do nome das vacas é algo que en Galicia sabe calquera labrego: non hai no País unha soa vaca sen nome. Pero agora temos unha explicación avalada por datos.

Tal vez esta sexa a razón de por que somos unha potencia leiteira.