Amosando publicacións coa etiqueta traballos colaborativos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta traballos colaborativos. Amosar todas as publicacións

13.2.25

Día Mundial da Radio 2025

Hoxe conmemoramos o Día Mundial da Radio 2025 e, como cada ano, unímonos á proposta de Ponte nas... Ondas! e Rede Espora, grazas ao fantástico podcast creado polos biblioaxudantes de Radio na Biblio de 5º de primaria.

Premendo no seguinte enlace, poderedes ler a publicación realizada no blog do 3º ciclo e escoitar o seu previsor e imaxinativo podcast gravado en Radio Balea:

Parabéns polo fantástico traballo e feliz Día da Radio, hoxe e todos os días do ano!

 

29.10.19

Primeiro Laboratorio de Son (Radio Balea)

O primeiro laboratorio de son rematou, este mes de outubro, emitindo ao longo desta semana (no recreo e nas Lecturas Terroríficas) o primeiro programa da nosa propia parrilla de programas.

O programa "Festexamos" recolle a sección "Samaín 2019", o cal emite 3 lecturas terroríficas entre introducións, cuñas, ráfagas, despedida e sintonía da nosa Radio Balea (en proceso temos a creación do indicativo/jingle da nosa radio)

Picando na primeira foto accederedes ao álbum de fotos deste primeiro laboratorio.

O alumnado de E.I., 1º e 2º de E.P., ademais de reproducir a lectura "A casa da miña avoa", foi creador de cuñas e ráfagas estremecedoras. Como práctica, antes de gravar no estudo de radio, as gravadoras foron un recurso que lles encantou; traballando a escoita, o silencio, a entoación...





O alumnado de 3º a 6º de E.P. foron os encargados de guionizar a emisión do programa, locutar o mesmo e reproducir dúas lecturas: "A figueira de Pelostortos" e "Os tres bandidos".





Só nos queda felicitalos polo gran traballo realizado!

A continuación podedes ver a presentación que empregamos para iniciar aos máis pequenos nos medios de comunicación, entre eles a radio (Radio Balea); así como coñecer a comunicación e os seus elementos. O mesmo que fixeron os maiores, os cales profundizaron máis tratando: a historia da radio, a comunicación, a nosa radio Balea...


Convidámosvos a escoitar o podcast do programa "Festexamos: Samaín 2019" de Radio Balea.


1º GRUPO LABORATORIO DE IMAXE ( INFANTIL E 1º CICLO DE PRIMARIA)

Xa finalizamos as tarefas co primeiro grupo de infantil e 1º ciclo de primaria, e foi unha experiencia moi divertida e dinámica , aprendendo en colaboración cos compañeiros/as para chegar a un fin común.

As actividades realizadas xiraron ó redor dun tema concreto: O rescate da Serea Leo, un xogo de pistas ou escapismo. A dinámica nas sesións foi a seguinte:



- 1º sesión: temos que rescatar a Leo, pero primeiro manipulamos candados de chaves e de números, lanternas de luz UV,  utilizamos a mesa de luz,  e utilizamos a Tablet para atopar imaxes de Realidade Aumentada agochadas na clase, non sen antes identificar o icono da aplicación.



- 2º sesión: visualizamos a mensaxe que deixa a Serea Leo e os piratas malvados. Dividimos a clase en dous grupos mixtos, uns fan o xogo con Ana nunha clase do 2º andar e outros fanno comigo, Marta, na aula de apoio de infantil; xa que para facer un xogo de este tipo é necesario grupos pequenos. Fixemos o xogo, todos atopamos á Serea Leo, e intercambiamos opinións sobre a experiencia.









fotos





- 3º sesión: facemos unha asemblea sobre o que máis lles gustou, se cambiarían algo... despois fixemos un traballo de mesa no que tiñan que debuxar e escribir o que máis lles gustou e os materiais/elementos utilizados( candados, lanternas, chaves, caixas, mesa de luz...) Mentres uns traballaban ( os maiores axudaron ós máis pequenos), gravamos no chroma as nosas opinións.







26.5.11

Salvados no Milladoiro


Eiquí tendes algúns dos NOSOS libros salvados.
Felicitamosvos a todos e todas polo esforzo de memorización e por entender tan ben a actividade.
Os libros salvados polo noso cole foron:
Cocorico, en Educación Infantil
Animais de compañía, en Primaria
Prometemos poñelos todos!

29.1.09

CONSPIRACIÓN pola PAZ





  • PAZ?????????????

  • PAZ: PAM!. Balas. Confusión, asasinatos, bombas.
  • PAZ: PAF!. Golpes. Cambadelas da vida cotiá. Rancor. Violencia.
  • PAZ: PAZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZ. Soño. Sono indiferente da irresponsabilidade.
  • Non é un xogo. É a fraxilidade da palabra. Espello fiel da inestabilidade do seu significado.
  • Utopía imposíbel.
  • Palabra que xera poesía.
  • Poesía? Poesía e Paz.

  • Esta é a nosa proposta: un mundo reinado pola esperanza das palabras, palabras sublimes que permiten melodías, risos, soños... PAZ.

    Xesto simbólico o das Bibliotecas Escolares, que novamente unen voces, azos e esperanzas. A través do mosaico que supón, por fin na nosa comunidade, a integración de diferentes cores, razas, linguas... chega a poesía capaz de expresar unha mesma arela. O frenesí da humanidade dominado pola forza da palabra. Unidos contra a ignominia da morte inxusta, das violacións das mulleres, da violencia extrema, da existencia dos nenos-soldado, da vinganza. Optamos polo silencio das palabras, da súa mudez. Porque a súa música festexe os días de coñecemento. Porque os aloumiños que desprenden estas balas sexan quen de recargar o porvir. Porque o nosos pentagramas debuxen as fusas non confusas da ilusión, do mañá cargado de bombas de papel. Papeis que falan de sorrisos, de amores, de xustizas. Papeis convertidos en poesía.

    Hoxe, o noso alumnado, dende esas diferenzas que os converten en iguais, transfórmanse en trasnos portadores de equidade. Dende o pasado poético ao presente sonoro, ao futuro harmonioso.

  • Tanques de algodón
  • Armas de caramelo
  • O noso soño
  • O noso desexo
  • A nosa conspiración.

Doces "armas" amigas:

(Aquí podes ler os poemas dos outros coles)



As nosas armas de caramelo:



Brenda, Fede, Bruno, Agustina e Sebas.

Alba Luz e Pedro
















Directorio doutros tanques de algodón:

Pincha sobre as ligazóns e poderás saborear moitos máis poemas... de PAZ


Blog da biblioteca do IES Alexandre Bóveda. Vigo.
O Segrel do Penedo. IES de Fene. Fene. A Coruña.
Mesturas. IES Sánchez Cantón. Pontevedra.
Bibliobelesar. CEIP de Belesar. Belesar. Pontevedra.
Biblioandrade CEIP de Andrade. Pontedeume. A Coruña.
Bemilladoiro. Biblioteca do Ceip. Milladoiro. Malpica. A Coruña .
Biblioteca Olhos Grandes IES Nosa Señora dos Ollos Grandes . Lugo
Biblioteca do CEIP de Pazos. CEIP de Pazos. Ferrol. A Coruña.
Biblioteca do cole. CEIP Quintela de Moaña. Pontevedra
Cadernos de Vide. Escola Unitaria de Vide. As Neves. Pontevedra.
Biblioteca Brea Segade. C.E.P. Xose Mª Brea Segade. Taragoña. Rianxo.
Biblioteca IES de Sanxenxo. Sanxenxo. Pontevedra.
Biblioteca IES R. O. do Uruguai. IES República O. do Uruguai. Vigo.
Biblioblogreboreda. Ceip Santo Paio de Abaixo, Reboreda. Pontevedra.
Biblioteca Colexio de Cervo. CEIP de Cervo. Lugo.
Bibliochispi. CEIP A Laxe-Marin. Pontevedra.
Participa tamén neste proxecto o blog Trafegando Ronseis

Este traballo colaborativo fíxose desde as bibliotecas escolares galegas integradas no PLAMBE no mes de Xaneiro de 2009.


ZOE:
LINO: