Amosando publicacións coa etiqueta reis magos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta reis magos. Amosar todas as publicacións

20.12.22

Visita dos Reis Magos

Visita Reis Magos 2022

Premer na imaxe para acceder á galería de fotos

Hoxe @s nen@s de E. Infantil, 1º e 2º de E. Primaria recibiron a visita dos Reis Magos na nosa Biblio.

A entrada maxestuosa foi pola colorida porta do noso LeoLab que conecta coa Biblio e tod@s quedaron encantad@s de poder entregarlles as súas cartas.

Asemade, visitaron as aulas de 2º e 3º ciclo de E.P. para saudar ao resto de compañeir@s do cole.

Agradecemos a nosa ANPA Ventorrillo que fixera posible a visita real.

Seguro que tod@s recibirán os agasallos que pediron, ata entón a seguir gozando do Nadal xunt@s!

16.12.15

Visita ds SS.MM. os Reis Magos

Visita dos Reis Magos from bemilladoiro on Vimeo.
Hoxe recibimos unha visita especial: 
os REIS MAGOOOOOOOS! 
Viñan recoller as cartas dos nenos e nenas de Infantil, de 1º e 2º. E trouxéronlles caramelos. Os rapaces, ademáis de darlles as súas cartas, contáronlles as cousiñas que quixeron. Ao final: todos contentos. Os Reis, porque levan traballo abondo e os rapaces porque quedan coa esperanza de recibir os agasallos que desexan. Nós queremos agradecer ás Súas Maxestades que, a pesar de ser persoas tan ocupadas e ser solicitados por todos os nenos e nenas de España, encontraran un ratiño para achegarse ata o noso cole. Seguro que foi porque os nenos e nenas de Malpica son moi, moi bós.
 E agora.... a agardar que chegue o 6 de Xanerio!
Se queredes descargar algunha foto podedes facelo AQUI

18.12.14

Viñeron os Reis Magos

Reis Magos from bemilladoiro on Vimeo.

Coma cada ano visitaron aos nenos e nenas de Infantil e 1º ciclo na Biblioteca. Eles levaron as cartas para ver que poden facer por satisfacer os desexos dos nenos e nenas, e deixaron caramelos.