Amosando publicacións coa etiqueta rede espora. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta rede espora. Amosar todas as publicacións

13.2.25

Día Mundial da Radio 2025

Hoxe conmemoramos o Día Mundial da Radio 2025 e, como cada ano, unímonos á proposta de Ponte nas... Ondas! e Rede Espora, grazas ao fantástico podcast creado polos biblioaxudantes de Radio na Biblio de 5º de primaria.

Premendo no seguinte enlace, poderedes ler a publicación realizada no blog do 3º ciclo e escoitar o seu previsor e imaxinativo podcast gravado en Radio Balea:

Parabéns polo fantástico traballo e feliz Día da Radio, hoxe e todos os días do ano!

 

13.2.20

Día mundial da radio


Hoxe é o Día mundial da Radio e, coma en anos anteriores, Radio Balea súmase á celebración a través da colaboración con Rede Espora

O tema proposto este ano é a diversidade e aí tendes ao noso alumnado, xunto co doutros centros escolares galegos, sumándose á reivindicación da diferencia como riqueza e propoñendo a educación na diversidade como base dunha convivencia cada vez máis e máis plural.

Si xa hoxe as fronteiras se difuminan e a diversidade chega a tódolos recunchos, imaxinade como de diverso, plural e rico será o mundo que agarda polos que hoxe forman o noso alumnado.
Como din os nosos rapaces:

Ser diferentes mola!

8.2.19

Día Mundial da Radio

A través de Rede Espora, un ano máis colaboramos na celebración do Día Mundial da Radio, o que aporta visibilidade ao noso traballo cotiá.
Este ano, a temática é DIÁLOGO, TOLERANCIA E PAZ.
 A proposta foi elaborar colectivamente un noticiario con novas positivas. Así: ante unha nova publicada nalgún medio de comunicación dabámoslle a volta e convertiámola en positiva.
Por se os desexos se fan realidade.
A encargada de locutar foi Paula Vidal, alumna de 6º de Primaria. E o resultado é este: