Amosando publicacións coa etiqueta recreos na biblio. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta recreos na biblio. Amosar todas as publicacións

24.10.24

Día das Bibliotecas 2024: BE-LeoLab Milladoiro

Conmemoramos o Día das Bibliotecas co mural "Elas escriben... Teatro en Galego" para pór en práctica a formación de usuari@s e con este vídeo-resumo do inicio do curso na nosa Biblioteca Escolar-LeoLab Milladoiro.

Os recreos na biblio-leolab, o labor solidario de voluntari@s biblioaxudantes de 6º de primaria ou as diversas exposicións son protagonistas no día de hoxe,

Premer na imaxe para acceder á galería de fotos
que se irá incrementando ao longo do curso

Ao lema do Día das Bibliotecas, Por un futuro sostible, só queremos engadir...

No que nunca nos falten...
as bibliotecas!

24.10.23

Día das Bibliotecas 2023: BE-LeoLab Milladoiro

Conmemoramos o Día das Bibliotecas 2023 presentando o inicio do curso 2023-24 na BE-LeoLab Milladoiro: a nosa biblio!

A biblioteca de e para tod@s, na que o labor voluntario e solidario d@s biblioaxudantes, os recreos na biblio, as actividades, o PDI e as exposicións, entre outros, responden ás necesidades da nosa pequena comunidade: lectura, información e aprendizaxe.

Seguimos tecendo comunidade e, sempre, con identidade.

Continuará...

ODS 4

24.10.22

Día das Bibliotecas: BE-LeoLab Milladoiro

Conmemoramos o Día das Bibliotecas presentando un vídeo-resumo da andaina da nosa Biblio neste comezo de curso 2022-23.

Biblioaxudantes en acción, voluntari@s de 6º de E. Primaria, dende o primeiro día lectivo: elaboraron os seus identificadores persoais, colaboraron na organización e posta en marcha da Biblio, editaron os carteis de apertura da BE-LeoLab, en formato impreso e dixital, e iniciaron as primeiras sesións da nosa actividade de animación á lectura Hoxe le..., entre moitas outras tarefas (expurgo, revisión e colocación de exemplares...). Incalculable a súa contribución na organización e funcionamento da nosa Biblio.

Os recreos na Biblio voltan retomar a merecida "normalidade". Unha apertura cargada de emoción e vida: tod@s relacionándose libremente e desfrutando de momentos de lecturas individuais ou compartidas, xogos, música, retos LeoLab...

Congratulámonos de poder contar cun recurso indispensable en calquera escola: a Biblioteca Escolar, aberta e ubicua, onde os seus espazos creativos e recursos organizativos, materiais, persoais... nos acollen e coidan, permitíndonos medrar persoal e socialmente.

Feliz Día de todas as Bibliotecas e que nunca nos falten para seguir voando alto.

3.6.22

Recreos na Biblio!_3º trimestre

Recreo BE Milladoiro

Pechamos o uso e desfrute do espazo da nosa Biblioteca, por este curso, co agrado de atesourar a vida escolar en imaxes; entre elas, esta fotografía dun recreo do presente trimestre na Biblio: espazo vivo, viveiro de desfrute persoal e social, á calor de boas lecturas, de xogos, de experiencias compartidas e vividas entre iguais e con liberdade.

Grazas a toda a comunidade por aportar o seu gran de area na singradura proxectada ao comezo de curso: lectura, información e aprendizaxe ao abeiro da BE-LeoLab.

Premendo na imaxe accederedes ao álbum de fotos dos recreos na biblio ao longo do curso, entre as cales se recollen as deste curto, pero intenso, último trimestre.

Voltamos en outubro!

7.4.22

Recreos na Biblio_2º trimestre

Presentamos o vídeo-resumo da Biblio de e para tod@s ao longo do 2º trimestre: biblioaxudantes, xogos, lectura, voluntari@s Hoxe le....

Grazas infindas a tod@s polo voso gran labor solidario a favor da nosa Biblio, espazo de encontro para eses momentos persoais e sociais tan necesarios.

Voltamos no 3º trimestre... con forzas renovadas!

21.12.21

Biblioaxudantes: recreos na Biblio!

Encantad@s de poder voltar desfrutar dos recreos na Biblio, aínda que sexa por grupos-aula, e agradecendo, hoxe e sempre, o traballo solidario d@s Biblioaxudantes 2021/22.

Continuaremos... no 2022!