Amosando publicacións coa etiqueta rodari. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta rodari. Amosar todas as publicacións

23.10.20

Laboratorio Documental 1: Rodari&Bibliotecas

Esta semana iniciamos os Laboratorios de Aprendizaxe LeoLab para o alumnado de 3º a 6º de E.P. porque PÓDESE seguir ensinando, educando con metodoloxías activas nas que todo o noso alumnado sexa protagonista das súas aprendizaxes.

O Laboratorio Documental 1 levouse a cabo co subgrupo de alumnado de 3º, o grupo 1: 3ºA.

A exposición Fantasía Rodari serviu de punto de partida á primeira sesión deste laboratorio, no cal investigamos e puxemos en práctica como se identifican os libros.

Libros de Gianni Rodari e outros/as autores/as da nosa Biblioteca, celebrando así o centenario do autor (23 de outubro) e o Día das Bibliotecas (24 de outubro)

Picando na imaxe accederedes ao álbum de fotos da sesión.

19.10.20

Exposición: Fantasía Rodari


A nosa exposición trimestral: Fantasía Rodari. Imprescindible autor, Gianni Rodari, un clásico da literatura infantil nado un 23 de outubro de hai xa cen anos. 

Grandes exemplares os que nos deixou Rodari para alimentar a imaxinación, a escrita creativa e para aprender a escoitar á infancia dándolle unha volta aos erros, facéndoos creativos e non punitivos.

A seguir fantasiando, imaxinando, creando!

29.9.20

Comunicando Fantasía, emocionámonos!

 

Proposta de actividades do 1º trimestre para integrar nas programacións de aula. 
Animémonos a alimentar a fantasía, a xogar, a imaxinar, a emocionarnos, a crear: lendo, falando, escribindo, escoitando coa nosa orella verde porque...hai moito que contar!
Por un trimestre comunicando,
por un trimestre fantástico!