Amosando publicacións coa etiqueta prestige. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta prestige. Amosar todas as publicacións

14.11.22

NUNCA MÁIS!_20 anos despois

Imaxe catálogo KOHA

No día de onte, 13 de novembro de 2022, cumpríronse 20 anos da maior catástrofe ecolóxica: o afundimento do Prestige, buque petroleiro que tinguiu de negro a nosa costa galega.

Hoxe, recordamos a marea negra e a marea de solidariedade, a marea branca, que asolagaron a nosa fermosa terra: Galicia.

Do exemplar ¡NUNCA MÁIS! A ollada da infancia, dispoñible na nosa Biblioteca (premer na primeira imaxe para acceder ao catálogo) e publicado por Kalandraka, extraemos unha páxina con acrósticos que resumen moi ben o que sentimos ante tal traxedia, mais tamén o que agromou de tanta impotencia e rabia ante o acontecido: solidariedade, esperanza e unha chamada ao sentido común para que non pase...

NUNCA MÁIS!

Imaxe interior exemplar ¡NUNCA MÁIS!

13.11.13

Aniversario

Hoxe é o aniversario daquela traxedia.
Traxedia para nós.
Para os que a vivimos.
Para quenes a sufrimos.
Para os que, desamparados polos nosos gobernantes, buscamos a maneira de defendernos daquel fuel que nos aturdía.

Hoxe tivemos que escoitar como nos dicían os xuices que non hai responsables, que foi un acontecemento fortuito, que todo foi correcto, que se hoxe volve haber un accidente marítimo faráse exactamente o mesmo. Porque o que se fixo estivo ben.
Tivemos que escoitalo, eso si, en galego. Vaia.
Eu teño memoria.
Lembro.
Coma se fora hoxe.
Lembro ate o cheiro.
Lembro o desconcerto e as bágoas.
E lembro a unidade, a coordinación, a autoorganización.

A escola non puido sustraerse a aquela hecatombe. ESTE FOI O ARTIGO QUE PUBLICAMOS EN cUADERNOS DE PEDAGOGÍA

O peor, para nós, é que as empresas petroleiras acaban de recibir unha mensaxe inequívoca: poden seguir fletando eses barcos bomba, porque non lles pasará nada.

13.11.08

6º aniversario



Hoxe fai seis anos. E sigue a estar presente e actual. Aída lembramos aquela cor negra que o tinguía todo, aquel olor sofocante que nos facía levar a man ó nariz para respirar millor...

Lembrámolo con pavor, con rabia, cun estremecemento no corazón. Aínda oímos aquel vento de furacán que soplaba, a choiva que doía...

Lembramos tamén aquel curso no que tódalas programacións de aula quedaron trastocadas e reconvertidas mentres aulas e bibliotecas escolares nos volcabamos na realidade máis cruda que tiñamos baixo da ventá para tentar de dar unha resposta serena e educativamente constructiva a aquelo que nos estaba a suceder.

Aínda non estamos seguros de que non volva pasar.

Pero non queremos deixar pasar o día sen dicir que: LEMBRAMOS e, aínda, ESPERAMOS