Un curso máis realizamos a clausura da Biblioteca Escolar-Leolab facendo entrega dos recoñecementos, máis que merecidos, a alumnado e aulas: voluntariado solidario, lectura, radio, reciclaxe, actividades lúdicas e deportivas.
Un mar de experiencias vividas e compartidas ao longo dun curso no que finalizamos un novo PDI e valoramos o esforzo, a implicación e a solidariedade da nosa pequena comunidade, como se reflicte no seguinte vídeo co que pechamos o acto de clausura: lectura, información e aprendizaxe ao servizo do currículo e de tod@s, compensando as desigualdades de partida.
Despedir o curso rememora vivencias e emocións compartidas, e o noso "ATA PRONTO E FELIZ TRAVESÍA" vai dirixido ao alumnado de 6º de primaria que pecha unha etapa para iniciar outra, mais ben saben que esta sempre será a súa escola bibliotecaria.
Hoxe, día no que realizamos a clausura da biblioteca, celebramos diversos recoñecementos que indican a boa saúde da que goza a nosa "escola bibliotecaria": voluntariado solidario, lectura, radio, reciclaxe, actividade lúdica e deportiva. Premendo nos enlaces accederedes a máis información:
Biblioaxudantes de Radio na Biblio, alumnado voluntario de 5º de primaria que desenvolveu un gran labor a prol da dinamización da nosa Radio Balea.
Biblioaxudantes da Biblio, alumnado voluntario de 6º de primaria que desenvolveron un incalculable labor a prol da organización e funcionamento da nosa biblioteca.
Máis Leonas/Máis León, recoñecemento ao maior número de lecturas realizadas ao longo do curso, que recaeu en Leticia Chouciño de 6º de primaria, en Rita e Martín Cousillas de 3º de primaria; ante a ausencia de Martín, foi súa irmá Rita quen recolleu o seu diploma e agasallo.
Finalistas do Proxecto de Vida Activa e Deportiva (Proxecta+). Ao longo do curso o alumnado que, de maneira voluntaria, participou en actividades deportivas tamén recibiron cadanseu diploma: finalistas de bádminton e finalistas de cros.
Finalistas dos Recreos Activos, alumnado que participou en variedade de xogos de mesa (xadrez, dominó, virus, tres en raia) tamén recibiron regalo e diploma acreditativo.
Reciclaxe. A aula de 4º de primaria recibiu diploma de grupo e individual polo seu labor voluntario como policías do lixo e que desenvolveron ao longo do curso vixiando que cada aula realizase correctamente a reciclaxe. Ao tempo, entregaron a todo o alumnado e profesorado unha insignia de reciclaxe, por participar activamente na reciclaxe dentro de cada aula. Ademais, entregaron ás aulas que máis puntuación obtiveron por reciclar correctamente, un diploma para colocar no taboleiro de aula. Os diplomas recaeron en: 4º e 5º de infantil, 1ºB-2º de primaria e 6º de primaria.
Parabéns e grazas a tod@s!
Despedir o curso rememora vivencias e emocións compartidas, e o noso "ATA PRONTO E FELIZ TRAVESÍA" vai dirixido ao alumnado de 6º de primaria que pecha unha etapa para iniciar outra, mais ben saben que esta sempre será a súa biblio, o seu cole.
O portal web GCiencia, xornalismo e divulgación, gaña o Premio da Crítica de Galicia 2020 na categoría de Iniciativas Culturais e Científicas.
Picando na imaxe accederedes á boa nova.
A nosa máis sincera noraboa ao equipo humano que conforma GCiencia, un premio máis que merecido á divulgación científica e na nosa lingua o cal celebramos neste mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas.
Fco. Xavier Senín Fernández, filólogo galego e membro da RAG dende o pasado mes de outubro, vén de recibir o Premio Nacional á Obra dun Tradutor concedido polo Ministerio de Cultura.
Grazas ao traballo de Senín, en solitario ou en colaboración, temos obras clásicas e contemporáneas na nosa lingua. Picando na súa imaxe accederedes ao artigo publicado por nosdiario.gal no que sinala o reto que supuxo traducir os Astérix.
Picando na seguinte imaxe accederedes ao catálogo da nosa BE cos títulos dispoñibles dos Astérix e ubicados na sección comiteca.
"Nos anos 80 precisábase moita obra infantil en galego", palabras de Senín. E...
seguimos a precisala para dar de ler, dar de falar, dar de comer na nosa lingua, tal e como claramente transmite o cadro "Papiñas de leite", acrílico do 2013 de Viki Rivadulla.
Unha convocatoria máis (e xa van tres) o noso centro recibe esta distinción:
A Consellería premianos polo noso traballo de dous cursos no Proxecto Documental Integrado O mar que nos dá...
Somos unha comunidade escolar moi afortunada pois, non só contamos con excelentes profesionais, senón tamén cunhas familias que responden á primeira colaborando en canto vos solicitamos e un concello que nos apoia no que lles demandamos. Así que:
Grazas!
porque este Premio é tamén voso.
Como xa sabedes, tamén recibimos este premio no cusro 15/16 (Da cociña á mesa) e no 16/17 (Pintamos moito!)
Deixámosvos o enlace á resolución na páxina da Xunta así como o vídeo que resume o traballo destes dous cursos.
Por fin, Radio Balea xa ten imaxe.
A artista foi Cristina Corzón Veres de 6º de Primaria
Parabéns por este debuxo que nos deixou abraiados polo que ten de conceptual, esquemático e expresivo.
Quedará con nós moooooooitos anos!
Cando ti, Cris, xa andes polo mundo adiante procurando facelo un pouco mellor, quenes daquela veñan ao Milladoiro, disfrutarán desta imaxe que saeu da túa man, do teu pensamento e do teu corazón.
Acabamos de recibir esta excelente nova:
O Proxecto Da cociña á mesa, levado a cabo nas aulas de Infantil do noso centro, ven de ser premiado no III Concurso de Traballo por Proxectos que convoca a Consellería de Educación, na modalidade Proxectos de Investigación de ciclo /departamento.
O Proxecto naceu da man das profesoras Marta Couto e Sandra Cao e, de inmediato, foi asumido por toda a comunidade educativa: o Concello, que facilitou as infraestructuras necesarias, a ANPA, que fixo o propio cos electrodomésticos e menaxe... e o profesorado que tiña clara a utilidade pedagóxica dese laboratorio tan cercano que supón unha cociña.
A aula inaugurouse o pasado 1 de Marzo sabendo que estabamos a darlle forma a un recurso que xogaría un papel moi importante no desenvolvemento curricular. Hoxe conta co seu propio blogue e xa é para nós, unha dependencia máis do cole, co seu horario asignado por aulas coma os outros espazos comúns. Canto alí sucede é curricular.
E, alí sucede de todo: mídense masas, calcúlanse densidades e volumes, practícanse textos instructivos, casan química e literatura... alí exercítase a motricidade fina, a prensión correcta, a importancia do orde e a organización, da hixiene... alí experiméntase con texturas, con misturas, coa caducidade, cos etiquetados... e todo elo dun xeito festivo e positivo.
Agradecemos desde aquí á Consellería a posta en marcha deste tipo de iniciativas que visibilizan prácticas innovadoras e enchen de sentido o tan manido concepto de competencias básicas.
O ensino público e rural, unha vez máis, está de noraboa.
Os nenos e nenas de 1º participaron no concurso da Editorial Cuentamundos Dónde viven los niños del mundo.O asunto consistía en debuxar unha casa. Pero non unha casa calquera, non: a casa dos seus soños. E, na categoría de 6 anosGAÑOU A NOSA MARÍA!!!! Parabéns a ela e a tódolos nenos e nenas de 1º que fiXeron uns debuxos ben fermosos. Podedes atopar máis información no seu blog.
E chegou o día.
O certo é que xa no contabamos coa ceremonia. Pero chegou.
O millor: o festival de sorrisos, as caras novas, os traballos excelentes, o ambiente favorablemente predisposto, a camaradería, as múltiples invitacións a ir coñecer outras bibliotecas...
O discurso pola nosa parte (dos premiados, quero dicir) fíxoo un profesor do IES Santa Catalina de Burgo de Osma que levou o 1º premio. Eu quedei gratísimamente sorprendida pola súa valentía e audacia: 1 escueto folio no que, despois de dar a s grazas ás autoridades dixo que os premios están moi ben pero o que precisan as BEs é recoñecemento orgánico, horas para levalas e formación específica para os profesores e profesoras que as diriximos. E, coa mesma, rematou. Mentras, a ministra escoitaba con atención.
O discurso dela foi unha loubanza ó papel que cumplimos social e educativamente. Comparounos co que cumpliron no seu momento as Misións Pedagóxicas. E rematou dicindo os cartos que se invertiran nos últimos anos e o marabilloso que era o Plan de Millora.
Logo, o Presidente de Castilla-La Mancha, sen guión, falou de todo un pouco.
Por último, un grupo de nenos e neas escenificou como é e para que serve o Plan Lector.
Finalmente, un aperitivo.
E cooooorre para coller o avión!!.
O que non estivo ben: a organización en xeral. A saber: correr de Madrid e Toledo e viceversa, os compañeiros de Madrid que non foron invitados ás poucas horas de convivencia, o escenario escollido (pequeno e falto de escenografía), o lugar do aperitivo(non colliamos!!!), o non saber...E, sobre todo, a falta de tempo para falar...
Nun aparte pequeniño, as compañeiras de Ceuta propuxeronlle á Ministra que a vindeiro ano nos xunten un fin de semana de convivencia. Pareceulle, dixo, unha excelente suxerencia. Advertímoslle que os deste ano inclusive, que para eso lle regalaramos a idea. Sorriu.
Hoxe celebramos unha pequena recepción no colexio á que invitamos á representación de tódolos sectores desta comunidade escolar. Pais, nais, alcalde, tècnico de cultura, concelleira, exconcelleiro, e case todos nós (os profes) reunímonos entorno ó escritor, profesor e malpicàn Xelucho Abella para celebrar a concesión dese premio MEC que ten un nome tan bonito: Premio ás Boas Pràcticas.
O obxectivo fundamental era comunicar a nova e contaxiar satisfacción e orgullo.
Este é un pobo moi pequeno que cando sae nos xornais adoita ser na secciòn de sucesos, polo que este recoñecemento ten un valor especial.
Colexios pequenos, de vilas pequenas, na periferia da periferia... colexios pùblicos. ¡Unha honra!
Aproveitamos a presenza entre nós do señor Inspector para comunicarlle a nosa preocupaciòn de que este servizo descanse sobre actos voluntarios, cando deberìa pertencer à columna vertebral dos centros educativos: ou sexa aparecer no ROC. Co que se mostrou conforme.
Houbo discursos, literatura, comida, bebida e... moita camaraderìa.
Mari, a compañeira que coordina o GT do blog tiroume das orellas porque non nomeei este recurso novo nas miñas palabras. Agora, tento desculparme colgando a nova para que o blog dé a primicia e cumpla unha das funciòns que lle temos asignadas: divulgar
Enfin: unha xornada para recordar.
O certo è que aìnda saboreamos a satisfacciòn de telo recibido. Porque non o esperabamos. Porque un sempre cre que a sùa pràctica è... a normal. Porque no mundo das Bibliotecas Escolares estamos afeitos a recibir satisfacciòns por abaixo, pero non por arriba.... ¡eu que sei!
E seguimos pensando que a nosa pràctica è moi millorable, que esto non se para, que andamos a educar nenos e nenas cuias necesidades de informaciòn seràn aìnda maiores que as nosas...
O traballo segue, pèro non queremos pasar a folla tan axiña. Imos saborear este recoñecemento un pouquiño.
Andamos a orgaizar para o vindeiro 17 de Decembro unha pequena recepciòn para pais, nais, autoridades que colaboraron con este proxecto... Non queremos deixar pasar o dìa coma se fora unha romerìa màis.
Xa vos contaremos.