Amosando publicacións coa etiqueta surf. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta surf. Amosar todas as publicacións

2.5.22

Xornada "Aprende a través del surfing"

Aprende a través del surfing

A pasada semana demos inicio ao programa "Aprende a través del surfing" da man de Toni e o seu equipo de One Surf Academy de Malpica. 

O alumnado de 3º a 6º de Primaria desenvolveron a primeira xornada, primeira para @s nen@s de 3º; xa que o pasado curso os restantes grupos achegáronse ao surf e aos valores que comporta: traballo en equipo, respecto ao medio, mellora das relacións persoais, sociais...

Premendo na imaxe accederedes ao álbum de fotos da xornada.

Tod@s estamos xa á espera da desexada xornada de práctica na auga, na nosa praia, sempre e cando o tempo nos acompañe.

Agradecer o bo facer de Toni e equipo que, un curso máis, nos guían nesta experiencia de vida.

Axenda 2030


3.3.21

Aprende a través do Surfing

O noso centro participa no proxecto educativo Aprende a través del surfing que desenvolven conxuntamente a Federación Española de Surfing e Surf and Clean.

Grazas a esta colaboración, onte e hoxe, o alumnado de 3º a 6º EP tiveron sesións formativas no pavillón da man de One Surf Academy, nas que aprenderon dunha forma moi divertida e dinámica valores relacionados coa saúde física, mental e espiritual.

Nestas xornadas coñeceron e manipularon distintos materiais que se utilizan neste deporte, moitos deles reciclados; realizaron asembleas sobre as mareas e a conservación da natureza;  xogaron con skates e táboas de body e surf, dinámicas nas que tiñan que confiar nos compañeir@s e colaborar de forma conxunta axundándose mutuamente para lograr un obxectivo...

Unha vez preparad@s, se a situación actual o permite, realizarán prácticas na praia de forma segura para tod@s!

Picando nos seguintes enlaces accederedes as imaxes das xornadas para cada aula:

SESIÓN EN 3º EP

SESIÓN EN 4º EP

SESIÓN EN 5º EP

SESIÓN EN 6º EP