Amosando publicacións coa etiqueta stopmotion. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta stopmotion. Amosar todas as publicacións

18.6.19

Taller Stop Motion

Nesta II Feira da Ciencia e Tecnoloxía levamos a cabo un taller de Stop Motion. Este é un resultado do traballo realizado no que procuramos que participase todos os escolares.

24.5.12

Stop motion

O noso blog amigo Xogosdelingua na súa publicación de hoxe, suxíreme a idea de achegarvos a esta técnica coa que nos andivemos a partir a cabeciña nos últimos días. Trátase da stop motion, a vella técnica de animación para crear debuxos animados e que hoxe, coa axuda da tecnoloxía resulta algo máis doada. Calquera conto se pode trasladar a historia animada ¡E mira que non se escriben contos nas escolas! O video do IES As Barxas de Moaña explica ben a técnica. Hai moitos programas que se poden usar: MonkeyJam, Stop Motion Pro 6.5, Sony Vegas 10 Pro ... Deixovos outro titorial para facer prácticas.