Amosando publicacións coa etiqueta samaín. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta samaín. Amosar todas as publicacións

27.10.25

XVI Lecturas Terroríficas na biblio 2025

 

Celebramos a chegada do Samaín coa XVI Semana das Lecturas Terroríficas na biblio.

Producións propias e alleas que se representarán ao longo da semana no escenario da nosa biblioteca, dinamizando a lingua, animando á lectura e á escritura, conmemorando.

A música, o cine e a literatura como artes a tratar, atendendo ao PDI que nos ocupa.

Recomendamos visitar os blogs de ciclo para coñecer e saber máis sobre cada actuación.

Unha semana de cantos e contos para pasalo... de medo!

30.10.24

XV Lecturas Terroríficas na biblio

Premer na imaxe para acceder á galería de fotos

Un curso máis festexamos a chegada do Samaín desenvolvendo na nosa biblio as XV Lecturas Terroríficas.

Todas as aulas representaron, dramatizaron..., tendo en conta o lema da Asesoría BEGA para o presente curso: Biblioteca escolar, a escena!

O teatro, inspirado por obras alleas ou de produción propia, foi protagonista dunha semana na que hai que felicitar a tod@s polo esforzo e motivación amosado na variedade de actuacións, as cales se irán publicando nos blogs de cada ciclo. 

Pasámolo... de medo!

Feliz Samaín a tod@s.

Cabazas... do máis natural!

Premer na imaxe para acceder á galería de fotos

O Samaín... xa está aquí!

A nosa tradicional exposición de cabazas creadas en familia, un curso máis, está adicada ao PDI que nos ocupa: "Cabazas... do máis natural!"

A creatividade de nen@s e familias non deixa de sorprendernos: animais, bosques, plantas... e ata un personaxe de conto (Naturizo, o porco espiño amigo de Leo)

Parabéns a tod@s!

1.11.23

XIV Lecturas Terroríficas

O noso Samaín ten como protagonistas a nenas e nenos que orientados polo profesorado preparan a súa produción, propia ou allea, para a XIV Lecturas Terroríficas.

Actuacións que se desenvolven na nosa biblio e que recollemos na seguinte imaxe (premendo nela accederedes ao álbum de fotos)

XIV Lecturas Terroríficas

Parabéns, un curso máis, a tod@s polas terroríficas presentacións.

Caixas sensoriais: Medo me dá!

Presentamos as caixas sensoriais relacionadas coa proposta de actividades, "Medo me dá!", que estiveron expostas polos corredores da nosa escola.

Unha semana para experimentar, para sentir... neste Samaín!

27.10.23

Concerto de... Xoán Curiel!

Pechamos a semana, na que iniciamos a XIV Lecturas Terroríficas, co concerto de Xoán Curiel.

Un concerto que tod@s gozamos: bailamos, cantamos e tamén nos asustamos. Pasámolo... de medo!

O concerto finalizou e Xoán Curiel regalounos o seu último libro-cd, en colaboración con Charo Pita, "Estamos no verán" e con dedicatoria incluída; tamén nos regalou parte do seu tempo para asinar outros exemplares da nosa biblio como podedes ver na seguinte imaxe (premendo nela accederedes ao álbum de fotos do concerto)

Xoán Curiel

Agradecid@s a Xoán Curiel e o seu gran labor cultural e de dinamización da lingua.


10.10.23

Leo le... SAMAÍN!

O Samaín está a chegar e con el a nosa XIV Semana das Lecturas Terroríficas.

A exposición Leo le... SAMAÍN! divulga exemplares acaídos para informarse, interpretar, adiviñar, contar... Unha exposición para tod@s, para ler sen fin neste Samaín. 

Leo le... SAMAIN!

1.11.22

Fin do Samaín coa... zombidanza!

Presentamos o fin do noso Samaín: zombis danzando ao ritmo da música de Xoan Curiel e a Banda do Verán con "Toca o teu pé!" de A Casa do Terror, dispoñible na nosa Biblio (preme na imaxe para acceder)

Grazas á mestra de Música, Estefanía, polo seu fantástico traballo de Música e Danza co cal mobilizou a todo o colexio; así como ao profesorado pola súa implicación e ao alumnado pola súa motivación e esforzo para que o lipdub fora terroríficamente executado.

Que nunca nos falten a Música e a Danza, artes indispensables para a expresión emocional e a interacción social.

ODS 4-Axenda 2030

28.10.22

XIII Semana das Lecturas Terroríficas

Imaxe CEIP Milladoiro.Malpica

Celebramos a XIII Semana das Lecturas Terroríficas... NA NOSA BIBLIO!

Voltamos retomar a xuntanza de tod@s, despois de dous cursos escolares, arredor de producións propias de cada grupo-clase moi, moi terroríficas.

Demos a benvida ao outono, festexando unha das nosas tradicións culturais: o Samaín (en etimoloxía gaélica significa "fin do verán") Sen perder o rumbo, seguindo o noso PDI, arredor de Galicia, para non olvidar de onde vimos e liberarse de celebracións que non nos son propias.

Premendo nos seguintes enlaces poderedes gozar das fantásticas e terroríficas actuacións de cada aula:

PARABÉNS, con maiúsculas, por tanto e tan bo: investigando, escribindo, protagonizando, interpretando, creando, contando, comunicando... Un Samaín moi noso: producións propias para valorar e salvagardar.

E rematamos a intensa semana coa... ZOMBIDANZA!

Premendo na imaxe accederedes á galería de fotos da XIII Semana das Lecturas Terroríficas.

Imaxe CEIP Milladoiro.Malpica

Un peche musical de... MEDO! En próximas publicacións coñeceredes o fin do noso Samaín, ata entón

FELIZ SAMAÍN LECTOR A TOD@S!


Galibazas 2022

Presentamos, en formato audiovisual, a nosa tradicional exposición de cabazas do Samaín: 

Galibazas 2022

No presente curso, seguindo a proposta de actividades do 1º trimestre en relación co noso PDIsolicitamos a colaboración das familias para decorar cabazas moi, moi galegas: historia, arquitectura, música, paisaxe, tradicións, gastronomía... de Galicia

Parabéns, un Samaín máis, por tanta inventiva compartida en familia. Non deixa de sorprendernos a vosa gran creatividade.

25.10.22

Exposición 1º trimestre: NÓS

Imaxe CEIP Milladoiro.Malpica

Premer na imaxe para acceder á galería de fotos

Presentamos a exposición do 1º trimestre que, dende a apertura da nosa BE-LeoLab (3 de outubro), está ubicada no corredor do 1º andar para dar continuidade e nutrir o noso PDI NÓS: patrimonio in-MATERIAL!

Exemplares de consulta, cómic, narrativa, música...; na nosa lingua e temática arredor de Galicia: historia, lendas, seres mitolóxicos, tradicións, celebracións, gastronomía... Títulos para animar á lectura, á búsqueda de información, á experimentación...; conmemorando celebracións propias da nosa cultura: o noso Samaín, que tan ben investigaron e gravaron en Radio Balea o grupo 3 do Laboratorio de Son de 2º e 3º ciclo de E. Primaria.

No día de hoxe demos inicio, despois de 2 anos sen poder celebrarse na Biblioteca, a nosa XIII Semana das Lecturas Terroríficas. Con gran emoción, por retomar a xuntanza de tod@s na nosa Biblio, gozamos coas primeiras actuacións. Actuacións de cada grupo-clase para presentar as súas producións propias e das cales daremos boa conta nunha próxima publicación.
                            Imaxe CEIP Milladoiro.Malpica

   Feliz Samaín, a ler sen fin!

 

25.10.21

Lab. Documental: XII Semana das Lecturas Terroríficas

Imaxe CEIP Milladoiro. Malpica

Presentamos os produtos finais do Laboratorio Documental, que implementamos ao longo deste mes de outubro, arredor das nosas tradicións orais: cantigas, refráns, lendas... e recollido na proposta de actividades do 1º trimestre.

Este curso, ao igual que o pasado, non temos a posibilidade de celebrar a Semana de Lecturas Terroríficas na nosa Biblioteca; mais non perde a súa esencia e seguimos a conmemorar un Samaín lector en diferentes formatos e soportes.

Premendo nos seguintes enlaces podedes desfrutar das producións de cada nivel:

Parabéns a todas e todos polos fantásticos produtos finais!

Celebramos un Samaín... lendario!

30.10.20

XI Semana Lecturas Terroríficas

Un curso singular, mais celebramos a XI Semana de Lecturas Terroríficas.

Contra vento e marea, seguimos creando e desta vez adicamos as Lecturas Terroríficas a Gianni Rodari e a súa técnica binomio fantástico.

Os produtos finais de produción propia están publicitados nos blogs de cada ciclo a onde accedemos, dende as aulas, ao longo desta semana para disfrutalos.

Nesta entrada deixamos o resumo do gran traballo feito en dous formatos:

  • Podcasts gravados na nosa Radio Balea e que podedes escoitar buscando na barra lateral dereita deste blog: programa Festexamos. As diferentes historias contadas foron creadas polos grupos de 1º, 2º, 4º, 5ºB e 6º de Educación Primaria. 
  • Vídeos. Os grupos de 4º, 5º-6º de Educación Infantil e 3º, 5ºA de Educación Primaria elexiron este formato que recompilamos a continuación.

Parabéns a todos e todas pola vosa gran imaxinación e produción final!

4º Educación Infantil

 

5º e 6º Educación Infantil




3º Educación Primaria



5ºA Educación Primaria

27.10.20

Cabazas Fantásticas

 

Parabéns a todo o alumnado e familias polas Cabazas Fantásticas creadas!

Celebramos a XI Semana de Lecturas Terroríficas moi ben acompañados/as coas cabazas SH: SuperHeroes e SuperHeroínas da literatura, do cine, da nosa invención.

Para celebrar un Samaín fantasiando, imaxinando, creando e que nos faga sentir o que estamos a ser e facer día a día: auténticos e auténticas SH.

Quen dixo medo? 

UN SAMAÍN FANTÁSTICO!