Amosando publicacións coa etiqueta solidariedade. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta solidariedade. Amosar todas as publicacións

14.6.22

Andaina solidaria

Andaina solidaria
Premer na imaxe para acceder á galería de fotos da xornada

Iniciamos a semana participando na "II Carreira Solidaria" organizada pola ANPA Orxeira do IES Urbano Lugrís en colaboración coa ANPA Xaviña e a nosa ANPA Ventorrillo.

Unha andaina, dende o instituto a San Hadrián, a favor de ASFEGA e ASPANAES, na que participamos todo o alumnado de Primaria e unha vez na ermida gozamos de merenda, sorteo de agasallos e música.

Agradecid@s aos organizadores polo convite, unha xornada de convivencia intercentros solidaria.

23.10.21

Un plátano por La Palma

Dende o CEIP Milladoiro quixemos unirnos ao acto que se vai realizar esta fin de semana en Malpica, "Festival Solidario Isla Bonita", para axudar aos afectados da illa de La Palma.

Sumámonos a iniciativa que xa se fixo noutros colexios de España "Un plátano por La Palma", por iso todo o alumnado do centro incluíu un plátano de Canarias na súa merenda do pasado venres 22 de outubro. Un xesto simbólico de solidariedade e unha oportunidade para que os nenos sintan como aportar o seu gran de area ante esta catástrofe.