Amosando publicacións coa etiqueta matricula. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta matricula. Amosar todas as publicacións

31.1.25

Xornada de portas abertas 2025

Xornada Portas Abertas 2025_CEIP Milladoiro.Malpica de bemilladoiro

Un curso máis, abrimos as portas do CEIP Milladoiro para recibir a nen@s e familias que queiran formar parte da nosa comunidade educativa o vindeiro curso 2025-26.

A visita para coñecer o centro e as súas instalacións está programada para o xoves 27 de febreiro ás 16:15 horas, sen necesidade de concertar cita previa.

Na imaxe podedes acceder a máis información, do que somos e facemos no Milladoiro, premendo nos textos sinalizados coa icona dunha man interactiva.

Calquera dúbida, contactade mediante o teléfono ou o correo que aparece na imaxe.

13.3.19

Ven ao Milladoiro!

Como sabedes, estamos no período de solicitude de prazas nos centros educativos para o vindeiro curso 2019/20 Escollemos unhas cantas imaxes (só entre as do pasado curso) para animar ás familias a educar con nós aos seus fillos e fillas.

O ensino público e rural esmorece, os pobos morren pouco a pouco, e morren máis se non hai nenos e nenas.

 Dende o centro, aportamos todo o valor engadido de que somos capaces convertíndonos nun centro referencia en innovación en toda Galicia e, neste momento, dispoñemos dos medios máis punteiros en innovación,así que xa sabes:
Ven ao Milladoiro!