Amosando publicacións coa etiqueta mochilas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta mochilas. Amosar todas as publicacións

8.6.14

Resume das actividades anuais

Os números sempre axudan a contar o que resultaría demasiado longo contar doutro xeito. Así que recurrimos a eles para mosarvos o que foi a actividade da biblioteca este curso:

Este é o gra´fico de movementos dos nosos fondos nos últimos 5 cursos.
A nós gústanos ver que ano tras ano seguen ascendendo, o que quere dicir que todos facemos un maior uso deste recurso tan valioso co que contamos.
Fixádeos que no curso pasado non fixemos préstamos directos pois foi cando pecháamos para reordenar os fondos e facer un gran expurgo. Por esa razón os préstamos ás aulas foron maiores xa que non podiamos permitir que os libros estiveran sen utilizar.

Todo este movemento dá moito traballo pero dámolo por ben empregado se con iso contribuimos a millorar a educación dos nosos escolares e compensar as posibles desigualdades sociais de partida.
Fixemos tamén esta táboa para resumir os datos desa actividade que tan ben se coñece xa en tódalas casas de Malpica: as mochilas viaxeiras (e tamén as bolsiñas)

Aproveitamos para agradecer a toda a comunidade educativa en xeral e ás familias en particular a excelente acollida que dispensades sempre a cantas propostas vos facemos.


7.10.11

Mochilas


O luns botarán a andar as Mochilas Viaxeiras. Xa é un programa coñecido por todos e todas pois leva entre nós desde hai varios anos (os primeiros en disfrutalas van agora en 4º da ESO!)
Cada semana chegarán ás vosas casas non coa intención de que leades canto vai nelas. Non. O obxectivo é animar a lectura en familia, que os adultos se reencontren con libros esquecidos de cando eran máis pequenos, ou que coñezan productos editoriais que descoñecen... Xogar entre pais e fillos... É impresionante o zume que lle tiran algunhas familias e que nos contan despois no caderno que vai dentro de cada unha.
O caderno é precisamente para iso: para que pais e nais nos dedes a vosa sinceira opinión sobre a actividade, sobre o contido... que nos fagades suxestións... que nos animedes a seguir... O que queirades pero vós, os adultos.
Podedes consultar o contido de todas AQUÍ.
Boa viaxe!

3.11.10

Libros que van e veñen




O pasado venres comezaron o seu camiño as bolsiñas de E.I.
E xa non pararán: CADA DÍA irán e volverán levando dentro o seu pequeno tesouro.
Puxémoslles ese pequeno identificativo para que cada quen saiba cal é a súa.
Unha fermosa iniciativa da Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia que, unha vez máis, alisa o camiño da lectura en familia cun xesto aparentemente pequeno pero moi grande na súa repercusión e no que significa.

5.8.10

As familias opinan


Cada unha das nosas mochilas leva dentro un caderno no que pedimos ás familias que escriban a súa opinión sobre o contido, sobre a actividade, sobre como é a acollida na súa casa, como a usan e disfrutan... e mesmo poden facernos suxestións de materiais a incorporar.
Estas que vos mostramos son algunhas desas opinións. Lelas dará unha idea de porque mimamos tanto esta actividade, porque a valoramos tanto.
Grazas ás familias pola súa acollida. Prometemos seguir a traballar para seguir a facer lectores porque unha persoa que le ten a oportunidade de ser máis sabia, máis libre e, polo tanto, máis feliz.

4.8.10

Que levan as nosas mochilas?




Este é, posiblemente o Programa do que nos sentimos máis orgullosas: as Mochilas Viaxeiras.
Cada semana visitan as casas dos nosos escolares para permanecer nelas durante sete días.
Temos 2 por aula, de maneira que cada semana hai 22 familias convidadas a ler xuntos.

O contido, como vedes, pretende cubrir un amplo abano de gustos. E, posiblemente, iste foi o aspecto no que tivemos que facer máis fincapé á hora de achegalas ás familias: o contido non é exclusivamente para os nenos e nenas. Procuramos cubrir gustos de adultos, de xoves, de maiores... procurando que cada quen atope dentro da mochila algo que lle guste persoalmente. E atendemos suxestións, se están ó noso alcance. O obxectivo e atopar algún momento para achegarse á lectura en familia con documentos de calidade e, en ocasións, pouco coñecidos por non estaren nos grandes circuitos de distribución.
3 cursos despois de comezar a súa andaina, dicimos, sen rubor, que son un éxito rotundo. Esperamos poder segilo mantendo.
Para saber máis.

7.10.09

¡Aló van!

22 Mochilas Viaxeiras que botaron a andar hoxe cara a tódalas familias e non pararán ate que remate o curso.

22 Mochilas cos seus poemas, as súas adiviñas, as súas películas, os seus discos, os seus cómics, os seus dvd didácticos, os seus libros.... ¡levan de todiño!

Tamén levan ese caderno tan coqueto para que nos dedes as vosas opinións que sempre nos orientan tanto.

Boa viaxe e felices lecturas en familia!!!

28.4.09

O placer de compartir
















Eso foi do que nos falaron moitas familias de Infantil que, ó recibir a mochila viaxeira, disfrutaron cun libro especialmente: "Dedín, dedín de pequenequín".

Trátase dunha recollida de folklore infantil feita hai xa anos (1990) por un grupo de profesores/as coruñeses e editada por Edicións do Castro.

Pais e nais disfrutaron compartindo cos seus fillos pequenos coplas, recitados, xogos... que crían ter esquecidos e que o libro trouxolles de novo á memoria.

Ven esto a conto porque queremos hoxe encomendar a visita a Orella pendella, unha web que ten exactamente a mesma finalidade pero... noutro formato.

Porque as familias sempre disfrutan con estes momentos compartidos. E porque a transmisión oral segue a ter un oco na vida de cada día.


Tamén hoxe.