Amosando publicacións coa etiqueta leo le. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta leo le. Amosar todas as publicacións

11.11.25

Leo le.. NOVIDADES!

Premer na imaxe para acceder á galería de fotos

Presentamos as novidades que mercamos e catalogamos ao longo do 1º trimestre do presente curso.

Novidades de literatura de ficción e non ficción: narrativa, banda deseñada, poesía, informativos...

Libros para todos os gustos, para o empréstito a domicilio ou para as aulas, un mar de letras para gozar da lectura como fonte de placer e benestar, para informarse e aprender. 

Valorando a literatura como a arte da palabra e as nosas librarías de proximidade como motores de promoción da lectura e da cultura, xa que hoxe están de celebración como se reflicte na seguinte imaxe:

Continuará...

16.5.25

Últimas adquisicións: Leo le... NOVIDADES!

Premer na imaxe para acceder á galería de fotos

Presentamos as últimas adquisicións do curso 2024-25, que ao longo do 2º e 3º trimestre foron ampliando o catálogo da nosa biblioteca con exemplares diversos.

Exposición, a de novidades, que é a máis visitada de todas as que dinamizamos ao longo do curso; a quen non lle gusta ter nas súas mans novos libros e novas historias, aventuras, informacións en formatos e soportes diversos.

O vindeiro curso... máis lecturas para tod@s!

30.1.25

Leo le... Banda Deseñada!

 
Premer na imaxe para acceder á galería de fotos

Presentamos a exposición Leo le... Banda Deseñada!, coincidindo co Día da Ilustración 2025 que se celebra cada 30 de xaneiro, data de nacemento de Castelao.

Unha exposición que, curso tras curso, é moi valorado: a ilustración como papel relevante acompañada de texto ou non, para todas as idades.

Longa vida a Banda Deseñada ou cómic, e feliz Día da Ilustración, hoxe e todos os días do ano!

11.11.24

Leo le... NOVIDADES!

Premer na imaxe para acceder á galería de fotos

Un curso máis, ampliamos os nosos fondos con exemplares de recente publicación e mercados, maioritariamente, na nosa libraría de cercanía. Libraría a que queremos felicitar, ao igual que o resto de librarías, que hoxe están de celebración:

Autora do cartel: Helena Pallarés

Que sería de nós sen as librarías, espazos que nos achegan grandes regalos en forma de emocionantes lecturas e moita cultura. Que sigan medrando!

Ao tempo, recordar que as nosas novidades tamén seguirán medrando ao longo do curso, segundo as vaiamos catalogando; así que non deixedes de visitar o expositor de novas lecturas para lectores/as diversos/as.

31.10.24

Leo le... ENSINO!

 
Premer na imaxe para acceder á galería de fotos

Presentamos a exposición Leo le... ENSINO! que, coincidindo coa celebración do Día do Ensino, quere pór o foco na formación continua do profesorado, na busca da calidade educativa.

Libros para tod@s, para informarse e formarse, para desenvolver metodoloxías activas acordes ao tempo no que vivimos e, sempre, prestando especial atención ao benestar persoal e social d@s nen@s.

Aprendizaxe ao longo da vida, hoxe e sempre!

2.4.24

Leo le... NOVIDADES!_2º e 3º trimestre

 Leo le... NOVIDADES!

Premer na imaxe para acceder á galería de fotos

Presentamos os libros que ocuparon o expositor Leo le... NOVIDADES!, ao longo do 2º trimestre e inicio do presente 3º trimestre.

Celebramos o Día do Libro Infantil 2024 coas novas adquisicións que xa catalogamos e viaxan ás aulas, aos domicilios... para gozar da lectura, hoxe, e todos os días do ano.

A seguir lendo... crecendo!

4.12.23

Leo le... NOVIDADES!_1º trimestre

Leo le... NOVIDADES!

Premer na imaxe para acceder á galería de fotos

Ao longo do 1º trimestre o expositor de novidades foise renovando, segundo adquirimos e catalogamos os novos exemplares.

Libros diversos para atender ao PDI que nos ocupa e outras temáticas de interese: álbum ilustrado, libros de divulgación ou consulta, biografías, narrativa, poesía, ensino...

Grazas ao orzamento plambe e ao orzamento de centro seguimos adquirindo exemplares de calidade para nutrir o catálogo da nosa biblio.

No 2024... máis!

30.11.23

Leo le... BANDA DESEÑADA!

 Leo le... BANDA DESEÑADA!

Premer na imaxe para acceder á galería de fotos

Continuamos dinamizando a banda deseñada/cómic como recurso valioso para a lectura por placer e para informarse; así como para exemplificar a actividade anual proposta: Galicómic.

Unha exposición que é moi ben acollida polo comunidade, presentando dúas exposicións ao longo do 1º trimestre.

Seguiremos divulgando o cómic como recurso educativo imprescindible, como narrativa gráfica valiosa para a educación en valores, a competencia comunicativo-lingüística, a creatividade, o traballo en equipo, o pensamento crítico...

29.11.23

Leo le... ENSINO!

Leo le... ENSINO!

Premer na imaxe para acceder á galería de fotos

Seguimos alimentando a formación e a información mediante a exposición que, desde comezo de curso, divulgamos: Leo le... ENSINO!

Unha exposición que se vai renovando ao longo do curso e que é imprescindible como recurso documental para a mellora da nosa práctica docente, para apoiar/nutrir o deseño de tarefas integradas, para aprender ao longo da vida.

Continuará...


3.11.23

Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas

Leer más publicaciones en Calaméo

No mes de novembro a lectura activa e a medicina, en relación co PDI que nos ocupa, serán o punto de partida da experimentación e do tratamento de valores para a igualdade e a convivencia.

As exposicións ubicadas no corredor e no escenario da biblioteca acollen exemplares diversos: álbum ilustrado, poesía, narrativa... para receitar lecturas de vida.

Leo le... 25N!
Premer na imaxe para acceder á galería de fotos

Un mes para experimentar na nosa lingua e para valorar a lectura activa como ferramenta de construción educativa e social que facilita o cambio.

10.10.23

Leo le... SAMAÍN!

O Samaín está a chegar e con el a nosa XIV Semana das Lecturas Terroríficas.

A exposición Leo le... SAMAÍN! divulga exemplares acaídos para informarse, interpretar, adiviñar, contar... Unha exposición para tod@s, para ler sen fin neste Samaín. 

Leo le... SAMAIN!

5.12.22

Leo le... BANDA DESEÑADA!

Leo le... BANDA DESEÑADA!

                                     Premer para acceder á galería de imaxes

Pechamos o 1º trimestre coa exposición Leo le... BANDA DESEÑADA!

Unha exposición que acolle diversos exemplares de Banda Deseñada, na nosa lingua e en castelán, para dar tratamento ao cómic mediante a actividade anual proposta para desenvolver en cada grupo-clase: Galicómic.

O cómic é unha gran ferramenta para o ámbito lingüístico: interrogativas, exclamativas, onomatopeas, maiúsculas, minúsculas, narración, diálogo...; ademais de ser unha moi boa iniciación á lectura para lectores/as que atopan nel a lectura de textos curtos e lectura de ilustracións que completan a obra humorística, de misterio, aventuras....

Leo le... BANDA DESEÑADA!

Lendo cómic na escola aprendemos a rachar límites! !!

(da viñeta de Xosé Tomás publicada en www.nosdiario.gal)


 

8.3.22

8M: tarefa de TOD@S!

Imaxe CEIP Milladoiro.Malpica

Conmemoramos o Día Internacional da Muller, de TODAS e... de todos porque a igualdade de xénero é tarefa de TOD@S!

Coa exposición Leo le... 8M! divulgamos lecturas arredor de Mulleres que se fai necesario valorar, iluminar e de valores de igualdade tan necesarios... aínda a día de hoxe.

No corredor do 2º andar o alumnado de 6º de Primaria, coa súa titora Uxía guiando, elaboraron o mural Muller tiña que ser!. Un mural para investigar, para documentarse sobre diversas Mulleres protagonistas da historia e relacionar diversas imaxes (obxectos, ideas...) coa ilustración de cada unha delas.

Imaxe CEIP Milladoiro.Malpica

Agradecemos a colaboración da titora e o seu alumnado para sumar, para compartir recursos con tod@s nunha data moi especial.

Asemade, ao longo deste mes estamos implementando o Laboratorio de Son arredor do noso PDI e o Día da Muller, Oficio e tradición... en feminino! Mulleres e oficios en forma de entrevista escrita e realizadas na nosa Radio Balea para valorar a nosa tradición, visibilizando o relevante papel das nosas Mulleres.

Rememorar a actividade desenvolta no 1º trimestre arredor do Día das Escritoras e Día das Bibliotecas, implementando o Laboratorio Documental a través do cal puxemos cara a

18 ESCRITORAS GALEGAS. Mulleres para coñecer, para ler!

Por e para unha educación en igualdade de xénero hoxe e todos os días do ano.






25.11.20

Leo le...contra a Violencia de Xénero

Leo le...para seguir educando en IGUALDADE DE XÉNERO (ODS 5), para eliminar prexuízos e estereotipos sexistas camiñando cara unha igualdade real que nace na familia.

Lecturas compartidas: en familia, entre iguais, entre nós. LECTURAS DE VIDA!

Contra a violencia de xénero, EDUCACIÓN.