Amosando publicacións coa etiqueta lendas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta lendas. Amosar todas as publicacións

28.6.10

O trigal maldito


Desta volta, e xa por último, traemos a lenda que esoolleron e ilustraron os compañeiros e compañeiras de 6ºA coa súa profe Ángela a quen, por certo, dicimos adeus este curso con moito pesar.

A pedra da serpe



Os nenos e nenas de 3ºA, coa súa profe Mari, escolleron e ilustraron unha lenda moi coñecida na vila: a da pedra da serpe que podedes ver nas pedras da punta de Santo Hadrián.

Lenda da vila afundida



Esta foi a que recolleron, ilustraron e animaron os nenos e nenas de 2º coa sua profe Tudita.

Raqueiros...ou non?


Esta foi a lenda que recolleron, ilustraron e grabaron os nenos e nenas de 6ºB.
Conchita, a avoa de Jorge e Mercedes, a de Marín Zas, foron quenes nolas contaron e José, o avó de Fani, axudounos na grabación.

Foi curioso que, cando propuxemos na aula que preguntaran na casa polas lendas e se tomaran o seu tempo para acceder á memoria dos avós, de Barizo chegáronnos esta dúas visións tan diferentes do mesmo suceso. E decidimos compaxinalas, contalas xuntas para que sexas ti quen te decantes e escollas a que máis che xeitee.Con ela e outras tres que vos irei poñendo, participamos na XVI edición do concurso O Tesouro dos avós.

Realmene disfrutamos moito con este traballo que nos permitiu andar coa tradición oral entre mans, traballar cos avós, coñecer historias...
O día da festa de fin de curso fixemos a proxección pública na biblio e convidamos ós avós que, en realidade, foron os auténticos protagonistas deste traballo.

9.5.08

Xan Fernández, con 5º e 6º



E o mércores veu Xan contarlles lendas ós nenos e nenas de 5º e 6º.
Xan é un coleccionista de lendas, leva anos percorrendo os camiños de Bergantiños e recollendo todo o que se conta sobre cidades asulagas, encantos, tesouros, mouros,árbores máxicas... e cóntaas moi ben. ¡Claro, é mestre!

Os rapaces escoitaban con tanta atención que, ó final, ata Xan quedou impresionado e díxonolo.

Logo, eles e elas, tamén lle contaron a el as que saben ¡e algunha non a coñecía!

De momento non ecribeu ningún libro de lendas exclusivamente pero agasallou a cada rapaz cun exemplar da última Guía de Malpica que contén algunha.

Foi unha semana especial.