Amosando publicacións coa etiqueta ledicia costas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ledicia costas. Amosar todas as publicacións

1.6.21

Encontro en liña con Ledicia Costas

E chegou o esperado encontro con...Ledicia Costas!

O alumnado de 5ºA, 5ºB e 6º de Primaria quedaron encantad@s da videoconferencia mantida coa escritora, que dende o primeiro minuto lles amosou a súa calor humana fronte á frialdade das pantallas.

Contestou a todas as preguntas que @s nen@s tiñan preparadas, entre todas as respostas foron coñecendo que...acaba de facer a cuarta entrega da colección Os Minimortos que xa está en edición, o seu libro Escarlatina, a cociñeira defunta fala coreano, un dos personaxes favoritos entre todos os seus títulos é a Señorita Bubble ou que, como Ledicia lles confesou na presentación inicial, encántalle o chocolate en todas as súas formas. 

Picando na primeira imaxe accederedes ao álbum de fotos e vídeos curtos do encontro.

Agradecer a Ledicia a súa amabilidade por encontrarnos, unha vez máis, no Milladoiro e a Edicións Xerais pola súa mediación para que a xuntanza virtual se materializase.

O vindeiro curso esperamos poder contar con encontros en vivo. Ata entón...quedámonos co doce sabor literario de Ledicia Costas!

6.6.19

Ledicia Costas en Radio Balea

Cando Ledicia nos visitou en abril, os nenos e nenas de 5º fixéronlle unha entrevista en radio Balea. Velaí!

1.4.19

Visitounos Ledicia Costas

Hoxe visitounos Ledicia Costas. Máxima expectación! Non pdodedes imaxinar con que ganas era agardada polos escolares de 4º, 5º e 6º. E non defraudou.
Ao rematar o encontro fixéronlle unha pequeniña entrevista na radio.
 Un placer, Ledicia!
Grazas!