Amosando publicacións coa etiqueta ilustradores. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ilustradores. Amosar todas as publicacións

21.5.14

Taller ilustración: Iván Suárez

Taller ilustración: Iván Suárez by Slidely Slideshow

O pasado martes visitounos o ilustrador Iván Suárez para ter un encontro cos nenos e nenas do 2º ciclo. Foi un taller de ilustración que lles encantou pois aprenderon a debuxar as emocións a partir da expresión facial. A que mola?

15.6.12

Pepe Carreiro


Pepe Carreiro from bemilladoiro on Vimeo.
Onte, e xa case sen contar,recibimos a visita de Pepe Carreiro O motivo era facer un taller de ilustración cos nenos e nenas do 3º ciclo que, ademáis de ser uns profundos admiradores seus por Os Bolechas, nesta ocasión leran a Historia de Galicia. O propio Carreiro sorprendeuse como nenos e nenas seguían atentamente a execución dos seus debuxos e levándoa ao seu propio lenzo.

Tradicionalmente convidamos aos nosos encontros con autores a debuxantes e ilustradores porque sabemos que o debuxo é un medio de expresión natural para os seres humanos e que lles resulta moito máis accesible que a expresión literaria. E aprenden, ¡vaia se aprenden!

12.4.12

Andrea López

Hoxe quero recomendarvos este blog que acabo de coñecer. Trátase do espazo persoal dunha xove deseñadora gráfica e ilustradora: Andrea López.
Encontrei nel un espazo cheo de vida e imaxinación, de traballo serio e profesional, de ideas e creatividade. E traigoo ata esta bitácora porque me parece que todas esas cousas significan, nos tempos que corren, unha fiestra de esperanza.
Porque, a pesares de que a realidade nos mostra cada día a súa cara máis dura, desagradable, intimidatoria, paralizante... millóns de persoas como Andrea, fan cada día o seu traballo aportando esperanza e ilusión, sen desmaiar pensando que hai posibilidades, que o traballo, a constancia, a profesionalidade, o esforzo e o bo facer, teñen un inmenso valor e serán quen de facernos sair deste tempo sen horizontes aparentes.
A Andrea e a tódalas andreas que no mundo hai: grazas polo traballo ben feito.
E, a cantos leades isto, non esquezades dar unha volta polo seu blogue: saíredes coas pilas cargadas.
Seguro.
P.D.: a ilustración desta entrada é dela (claro!) e leva por título GASTRONOMÍA.

21.3.12

Taller de ilustración con Jacobo


Onte visitounos Jacobo F. Serrano e foi, coma decote, UN ÉXITO!!!!
A obra de Jacobo encanta aos rapaces e os talleres con el sempre son unha fonte de aprender e disfrutar.
Agradecémoslle o seu esforzo desde esta fiestra e...¡lendo os seus libros.
Aí vos quedan as imaxes que, na miña opinión falan por si soas.

26.5.11

Visitas e talleres


Xa o xoves 19 e seguindo coas actividades do Mes dos libros e das Letras, recibimos ó ilustrador Abraham Carreiro que levou a cabo un interesante taller de ilustración cos nenos e nenas dos ciclos 2º e 3º.
Para os de 1º ciclo, tivemos un encontro cun contacontos que, polo que se ve, fíxolles disfrutar moito.

11.5.10

Taller ilustración: Fabio Regueira


Seguindo co programa que temos para esta semana das Letras, hoxe tivemos a Fabio Regueira connosco durante toda a xornada. Comezou a facer o taller con 3º. Logo 4º. Logo 5º. E, finalmente, pola tarde: 6º.
Estivo dándolles recursos para o debuxo da figura humana, as expresións... realmente aprenderon pero, sobre todo: disfrutaron.

Non hai máis que velos!

2.11.09

Onde viven os monstros


Onde viven os monstros (Kalandraka, 2000) é un dos nosos libros favoritos. Nosos... e de moitísima xente xa que desde que se editou en 1963 non parou de reeditarse. Paradigma do medo e a tenrura na literatura infantil, é un libro redondo.

Escrito e ilustrado polo norteamericano Maurice Sendak, conta a historia de Max, un rapaz que se enfada coa súa nai e bota man da súa imaxinación para superar o trance. Dese modo marcha a unha illa...na que viven os monstros.
O libro conta esa viaxe ata a illa na que viven os monstros grandes, peludos, ameazantes, de ollos amarelos... pero MAX míraos directamente ós ollos aguantando do medo...o que fai que o nomeen rei.
A partir de aí medra unha historia de amizade, camaredería e aventuras ata que MAX comeza a botar en falta o que deixou na casa... E non vos conto máis.

A noticia que vos traio hoxe é que está a piques de estrearse en España a película.
Dirixida por Spike Jonce, e despois de superar moitos obstáculos, parece que teremos oportunidade de vela a partires do 18 do mes que ven. En USA xa se estreou a mediados de Outubro e tivo un gran éxito.
O libro témolo na biblioteca, así como unha versión en VHS que editara, no seu día a editoral AURA .
Grazas a Trazosdetinta din con esta web americana na que varios ilustradores dan a súa propia versión de Max e os monstros. Non deixedes de mirala.
E, a película.... mentres non se estrea deixovos un adianto: