Amosando publicacións coa etiqueta fracaso escolar. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta fracaso escolar. Amosar todas as publicacións

17.3.13

Fracaso escolar

Traemos hoxe a esta fiestra virtual a testemuña da profesora Mª Ángeles Llorente ante a comisión de Educación das Corts Valencianas. Trátase dun video longo (1 hora e 32 minutos)no que a exposición ocupa os primeiros 42 minutos e o resto ao turno de preguntas dos diferentes grupos políticos presentes e á resposta da ponente a todoas elas. Paga a pena dedicarllos pois a profesora fai unha exposición clara e concisa de aspectos relativos ao fracaso escolar e as POSIBLES medidas a tomar para a súa erradicación.

Por se alguén non dispón dese tempo:
  • entre o minuto 2 e o 5, DEFINE o concepto do fracaso escolar.
  • Entre o 7 e o novo, e máis tarde á 1 hora e 11 minutos, exténdese sobre a AVALIACIÓN dos escolares. 
  • No minuto 16 argumenta a necesidade do TRABALLO POR PROXECTOS. Asunto este de APRENDER A APRENDER, sobre o que volve no minuto 27 despois da primeira hora. 
  • No minuto 20 explica e argumenta o asunto daa desigualdades de partida (sociasi, personais, escolares e/ou familiares) 
  • No minuto 28 argumenta a necesidade da escolarización pública (que non obrigatoria) do período 0-3. 

 Un documento que podería dar lugar a interesantes reflexións tanto nos claustros coma nas asociacións de pais e nais así coma nos seminarios de inspectores e, en definitiva, entre todos cantos directa ou indirectamente estamos comprometidos e implicados na educación.

17.4.12

Parece que fala de nós


Envíanos unha amiga esta producción feita en Francia pero que...¡parece que fala de nós!
Nos últimos tempos tódalas novas que chegan ao centro e, á sociedade no seu conxunto, levan a mesma dirección: recortes, axustes, supresións... empobrecemento do ensino, baixada nos recursos, baixada nos medios...
Hoxe o día amaneceu igual: máis rapaces por aula, menos profesorado, menos recursos...
E non é certo aquelo de que as familias poden escoller. En Malpica non. O único ensino é o PÚBLICO.
Cando pensabamos que só podiamos camiñar cara adiante, cara á excelencia, á superación do fracaso escolar... resulta que a escola que se debuxa no futuro próximo é a anterior a 1980!
No que a nós respecta, sempre buscamos a excelencia no noso traballo, fomos adiantados en programas e didácticas, pelexamos por levar ás aulas a mellor e mási moderna das educacións posibles. E aí están os recoñecementos en forma de premios.
E queremos seguir a facelo así. Pero...¿poderemos?
A atención ao alumnado require bibliotecas, departamento de orientación, aulas de audición e Linguaxe, tempo para reunirnos, para pensar e programar proxectos... ¿Como o faremos?
Precisamos tódalas complicidades posibles.
especialmente importantes son eses recortes na escola rural: falamos da igualda de oportunidades. e ese factor de igualación só o pode aportar a escola: que ofrece aos fillos e fillas dos contribuíntes a mesma calidade educativa sexa cal sexa o lugar no que residan.
Hoxe o ministro dixo que os institutos só poderán ofrecer UNHA modalidade de Bacherelato. Unha ÜNICA. De maneira que ou se mandan os rapaces a estudar fóra (quen poida!) ou todos estudarán o mesmo. ¿Quedaremos sen científicos ou sen linguístas?
Un despropósito. Un desatino.
En educación AFORRAR non é un criterio. INVERTIR é o verbo axeitado.
A non ser que xa alguén decidirá por nós cal ten que ser OBLIGATORIAMENTE o futuro dos nosos nenos e nenas ¿é así?
Pois que se diga en voz alta.

14.6.09

Fracaso escolar e lingua. Datos 2009


Segundo os últimos datos feitos públicos polo MEC, Galicia está entre as comunidades con menor fracaso escolar que corresponden ó ano 2006 e publica a revista Papeles de Economía española no seu nº 119.
Foi no xornal La voz de Galica onde limos as conclusións.
A nosa porcentaxe (25,1%) está por baixo da media española.
No outro extremo dos datos, están Baleares, Valencia, Canarias, Andalucía, Ceuta e Melilla.
Mirade con atención o mapa. É moi instructivo.

Respecto dos resultados no último Informe PISA:
Castilla y León e La Rioja son as CCAA con millores resultados , seguidas por, en orden de bos resultados, Aragón (513 puntos), Navarra (511), Cantabria (509), Asturias (508) e Galicia (505). Estas CCAA encontranse ó nivel de Suiza, Austria, Bélxica ou Irlanda, e con millores resultados tanto de Suecia coma do promedio da OCDE.

Das 10 autonomías examinadas, a galega foi a C.A. bilingue que obtivo máis puntos en Física, Química e Bioloxía -por diante do País Vasco e Cataluña-, un área de coñecemento que desde fai anos impártese só en lingua galega.