Amosando publicacións coa etiqueta fin de curso. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta fin de curso. Amosar todas as publicacións

24.6.25

Graduación e xogos en familia


 O pasado venres graduáronse o alumnado de 6º de Educación Infantil e 6º de Educación Primaria, acompañados de todo o alumnado e das súas familias (podedes ver todas as fotos premendo no seguinte enlace: graduación 2025). Ademais de despedir a dúas compañeiras que comezan unha nova etapa polo que foi un día de moitas emocións. Despois a ANPA organizou unha merenda no centro e celebramos unha nova xornada de xogos en familia. Todas as fotos no seguinte enlace: xogos en familia.

10.6.25

Despedindo o curso: "Día da Familia"

 

O venres 20 de xuño, último día lectivo do curso 2024-25, invitamos a comunidade á Xornada de Portas Abertas para compartir xogos populares en familia.

Se hai dispoñibilidade, non dubidedes en compartir a xornada c@s vos@s fill@s, despedindo un curso do máis natural e saudable.

29.5.25

Lectura e Familias: Migallas Teatro

Convidamos a toda a comunidade, a partir das 12:00 h., a pechar o programa Lectura e Familias con Migallas Teatro no adro da igrexa de Malpica, se o tempo o permite, en caso contrario a función desenvolverase no colexio.

Animádevos a pasar unha divertida xornada... en familia!

Chegou o día e, por causas alleas ao centro, pechamos o programa Lectura e Familias con Carlos Yuste de Migallas Teatro na nosa biblio e celebrando o Día do Medio Ambiente: contos naturais, pan de milllo... Unha xornada con gran afluencia de familias, ás que agradecemos a súa asistencia, e do máis divertida entre contos e cantos.

Premer na imaxe para acceder á galería de fotos

21.6.24

Fin de curso 2023-24

Premer na imaxe para acceder á galería de fotos

E chegamos ao fin do curso 2023-24. Un curso de aprendizaxes vívidas e construtivas que compartimos, abrindo as portas do cole a tod@s, celebrando o Día da Familia.

Ao tempo, o alumnado de 6º de infantil e 6º de primaria celebraron as súas graduacións: entrega de diplomas, orlas, agasallos... Desexámoslles o mellor na nova travesía que iniciarán o vindeiro curso: en primaria e en secundaria.

Feliz verán a tod@s!

18.6.24

Xornada de Xogos de mesa


O pasado venres o alumnado de 1º, 2º e 3º de E.P. disfrutou dunha xornada de xogos de mesa, na que o alumnado de 6º E.P. encargouse de dirixir os diferentes xogos e así competiron nas serpes e escaleiras, no uno, no rei dos dados, o gelato, o bingo... Moitos destes xogos foron mercados gracias ao plan de formación do profesorado. Podedes ver todas as fotos premendo no seguinte enlace: xogos de mesa.
 

10.6.24

Despedindo o curso: "Día da Familia"


O venres 21 de xuño, último día lectivo do curso 2023-24, invitamos a comunidade á Xornada de Portas Abertas para compartir xogos populares, en familia, e actividades creativas nos postos dos nosos Laboratorios de Aprendizaxe: produtos finais da implementación dos mesmos ao longo do curso e variedade de actividades e recursos creativos.

Se hai dispoñibilidade, non dubidedes en compartir a xornada c@s vos@s fill@s para despedir un curso de aprendizaxes vívidas e construtivas.

21.6.23

Fin de curso 2022-23

Graduación 6º de infantil

Graduación 6º de primaria

Premer na imaxe para acceder á galería de fotos

Hoxe pechamos o curso 2022-23 coas graduacións de 6º de infantil e 6º de primaria. Un curso no que pechan unha etapa escolar para iniciar nova travesía, que seguro será tan frutífera e divertida como a que hoxe rematan.

Unha xornada moi emotiva e na que, despois de tres cursos, estivemos tod@s na despedida final e na posterior xuntanza: merenda ofrecida pola ANPA Ventorrillo e xogos en familia.

O vindeiro curso... nova singradura!

Un PDI... moi noso!

Presentamos o resumo audiovisual de dous cursos nos que desenvolvemos un Proxecto Documental Integrado moi noso.

O PDI NÓS: patrimonio in-MATERIAL! chega ao seu fin no presente curso, deixando pegada perdurable na nosa pequena comunidade: salvagardamos, respectamos, divulgamos, lemos, escribimos, aprendemos a valorar o noso, a valorarnos.

O vindeiro curso... nova travesía!

29.6.22

Despedida do curso 2021-22

O mércores 22 de xuño despedimos o curso escolar 2021/22 cunha gran festa no patio do centro, coa merenda a cargo da ANPA e música tradicional por parte do grupo A.C. Malante de Malpica

Premer na imaxe para acceder á galería

Desexamos que teñades un bo verán, gocedes do merecido descanso e animámosvos a cumprir os retos á sombra que vos propón Leo: quen se atreve a...?

Imaxe CEIP Milladoiro.Malpica

Moita sorte ao alumnado de 6º de Primaria que emprende nova travesía. O  Milladoiro, a vosa escola, sempre terá as portas abertas para recibirvos!

20.6.22

Graduación promoción 2013-2022



E chegados a fin de curso 2021-22, unha promoción máis que remata a súa andaina escolar no CEIP Milladoiro.

Unha celebración na que elas e eles foron protagonistas da súa graduación. Graduación emotiva e significativa porque viviron o último ciclo de Primaria como heroínas e heroes ante a covid-19, soportando protocolos sanitarios que cortaron a súa liberdade persoal e social. 

Desexámoslles feliz singradura, retomando a merecida liberdade e recordando que a súa escola sempre terá as portas abertas para tod@s.

15.6.22

Día da Música

Día da Música

Premer na imaxe para acceder á galería de fotos da xornada

No día de onte celebramos xunt@s o Día da Música no patio do noso colexio.

Unha xornada de convivencia festiva na que o alumnado foi protagonista xunto co noso querido grupo Milladoiro (Daniela, Antón, Bruno e as mestras Susana e María) que xa nos amenizaran o Nadal, sen olvidar ao alumnado de 6º de Primaria que pecharon as actuacións coa súa produción propia Rocksalía.

A necesaria convivencia intergrupos, que perdemos por mor da covid-19, voltou ser unha realidade. Xornada de emocións, valores, aprendizaxes compartidas; xa que...

"Cuando las palabras fallan, la música habla" 

( de Hans Christian Andersen)

Axenda 2030

24.6.21

Actuación Salitre no pupitre

O último día tivemos un peche de curso espectacular, contamos coa actuación do grupo "Salitre no pupitre" que pertence a Asociación cultural Salitre de Malpica. Entre os seus integrantes están algún dos/as nosos/as alumnos/as que nos deslumbraron co seu talento, eles son:

- Bruno Folla Pardo (2º E.P.)

- Carmela Velasco Cures (5º E.P.)

- Icía Velasco Cures (5º E.P.)

- Sabina Mimbrera Garrido (6º E.P.)

- Ángela María López Trigo (6º E.P.)

Agradecer o esforzo a todo o grupo, xa que realizaron dous pases no Centro Cívico para abarcar un maior número de espectadores e, especialmente, a Ramón, Merce e Ceci. 

Todas as fotos as podedes ver premendo no seguinte enlace: actuación Salitre no pupitre.



Graduación promoción 2012-2021

 

O pasado martes 22 graduamos a promoción 2012-2021, un alumnado que se despide do CEIP Milladoiro con matrícula de honra, aínda que non é unha despedida porque saben que esta sempre será a súa casa. Unha xornada que estivo chea de emocións e que aquí vos deixamos o vídeo resumo do paso desta xeración polo noso centro. Podedes ver todas as fotos deste acto premendo no seguinte enlace: graduación.

Graduación sexto EP CEIP Milladoiro.mp4 from bemilladoiro on Vimeo.

11.7.19

Graduacións e Festa Fin de Curso

por fin podemos ofrecervos as imaxes do día final do curso coa súa ceremonia de Graduacións e a posterior festa de xogos en familia e visitas guiadas polo colexio coa intención de mostrarvos algúns dos traballos que fixemos durante o curso. Ata setembro!

18.6.19

Xornada sobre rodas 18/19

Hoxe tocou Xornada sobre rodas, dirixida por Fran, o profe de Educación Física auxiliado polo alumnado de 6º.

Coñecendo o código da circulación e pasándoo xenial!

17.6.19

II Día da Ciencia e a Tecnoloxía

Deixámosvos unhas imaxes do II Día da Ciencia e a Tecnoloxía que celebramos hoxe cun éxito rotundo.

25.6.17

FIN DE CURSO 2016/2017

Chegamos a fin deste curso graduando os nenos e nenas de 6º E.I. e de 6º E.P. que cada un deles comeza unha nova etapa nas súas vidas. Tivemos a sorte de contar con Lydia Botana que nos fixo saltar, bailar e cantar con seu disco "De aquí para alá" e nos amenizou coa súa música este último día de curso. Ademais acompañáronos as familias participando nos xogos populares que tivemos no patio e visitando os traballos realizados durante este ano, contando incluso coa presenza de Viki Rivadulla que fixo unha visita sorpresa os alumnos e alumnas de 1º E.P. que estiveron todo o ano traballando en torno aos seus cadros. O resumo desta estupenda xornada o podedes ver no vídeo que segue e pola nosa parte soamente desexarvos un 

FELIZ VERÁN!


28.6.16

I Día da familia

I Día da Familia from bemilladoiro on Vimeo.
Un fin de curso diferente: en familia. Compartindo dun xeito festivo este espacio no que se desenvolve a vida dos vosos fillos e fillas durante todo o curso. A idea era que eles mesmos volo mostraran, que presumiran do seu traballo, qeu vos guiaran da man por estes escenarios que lles son tan familiares porque, dalgún xeito, esta tamén é a súa casa. E a vosa. Sentímonos moi orgullosos de formar parte esta Comunidade Escolar As fotos AQUÏ