Amosando publicacións coa etiqueta discos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta discos. Amosar todas as publicacións

22.3.08

Dobarrismo


Anque xa leva algún temo no mercado, recomendamos hoxe este álbum grabado por xoves músicos galegos versionando algunhas das millores pezas creadas por Andrés Dobarro.

O artista ferrolan supuxo no seu momento unha tremenda innovación na música pop española: cantaba en galego. E cantando en galego acadou catro números 1 nas listas de éxitos españolas a comezos dos anos 70.

Cancións cos temas máis variados: de amor, de saudades, de penas, de festa, de costumes... canció pop, en definitiva. Pero feita en galego. Os estudosos da súa produción alcúmano o Bob Dylan galego

Nos últimos tempos produciuse en Galicia un movemento recuperador da música deste autor que vale a pena, ademáis de para poñelo en valor, para dalo a coñecer ás novas xeracións. Trinta bandas musicais emerxentes na nova música galega (en palabras de Xurxo Souto) anovan os temas de Dobarro e poñen de manifesto a temenda actualidade da música deste autor. Non é un disco de nostalxia: é un disco actual e de futuro.

Rapaces e rapazas pode que bailen este vran ó son do Tren, da Pandeirada...

O volume consta de dous discos de diferente cor que, sen decilo, presentan versións máis rock ou máis pop de distintos temas.

Sobresaínte a versión do San Antón do grupo JULES, JIM & CATHERINE que aparece no disco azul, un ritmo a medias entre o jazz, a bossa nova... ¡magnífico!

Haberá que prestar atención a algunha construcción sintáctica pouco ortodoxa que, sen ser criticable no autor, os apaces e rapazas de hoxendía non deberían reproducir ou, alomenos, saber que son incorrectas.

O dito: ¡a bailar!