Amosando publicacións coa etiqueta guía verán. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta guía verán. Amosar todas as publicacións

2.6.25

Guía de verán 2025

Guía de verán 2025 de bemilladoiro

Presentamos a guía de verán 2025, festexando a chegada dunha nova estación entre libros e outros materiais educativos para o tempo de lecer.

Un tríptico en formato papel que será entregado a toda a comunidade o último día lectivo, xunto cun exemplar da nosa revista escolar que tamén ofrecemos en formato dixital para poder acceder a máis información premendo en cada enlace.

Libros para todos os gustos, para divertirse, emocionarse, informarse e xogos para compartir en familia ou con amig@s.

Este verán, Leo le... a gusto!

3.6.24

Guía de verán 2024

Chega a guía de verán para todas e todos, en formato dixital e en formato papel será entregada o último día lectivo a toda a comunidade.

Guía verán 2024
Guía de verán 2024

Unha guía con recomendacións lectoras diversas para lectores diversos: álbum ilustrado, narrativa, poesía, banda deseñada e libros para informarse.

Un mar de libros para mergullarse e divertirse.

Feliz verán lector!

5.6.23

Guía de verán 2023

Leer más publicaciones en Calaméo

Presentamos a guía de verán 2023. Unha guía con moitas preguntas, unha guía para cumprir retos varios: saber, xogar, cantar, contar... vivir!

O último día lectivo tod@s teremos nas nosas mans títulos diversos para lectoras/es divers@s.

Guía verán 2023

Feliz verán... lector!

3.6.22

Un verán... MATERIAL!


Publicamos a guía de verán 2022. Libros de tipoloxías diversas: cómic, poesía, de Lectura Fácil, con pictogramas, informativos... e xogos! Para emocionarse compartindo, descubrindo, pasando páxina.

Tríptico que se entregará a alumnado e profesorado o último día lectivo xunto cun exemplar dunha nova edición da nosa revista escolar DígochoEu.

Desexamos un verán solleiro e salgado, que entre libros e xogos seguro será... MATERIAL!

9.6.21

Este verán...PASA PÁXINA!

Presentamos a nosa guía de lecturas recomendadas para este verán, tríptico que entregaremos a todos/as o último día lectivo xunto cunha nova edición da nosa revista escolar DígochoEu!

Este verán...PASA PÁXINA!