Amosando publicacións coa etiqueta graduacións. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta graduacións. Amosar todas as publicacións

24.6.25

Graduación e xogos en familia


 O pasado venres graduáronse o alumnado de 6º de Educación Infantil e 6º de Educación Primaria, acompañados de todo o alumnado e das súas familias (podedes ver todas as fotos premendo no seguinte enlace: graduación 2025). Ademais de despedir a dúas compañeiras que comezan unha nova etapa polo que foi un día de moitas emocións. Despois a ANPA organizou unha merenda no centro e celebramos unha nova xornada de xogos en familia. Todas as fotos no seguinte enlace: xogos en familia.

10.6.25

Despedindo o curso: "Día da Familia"

 

O venres 20 de xuño, último día lectivo do curso 2024-25, invitamos a comunidade á Xornada de Portas Abertas para compartir xogos populares en familia.

Se hai dispoñibilidade, non dubidedes en compartir a xornada c@s vos@s fill@s, despedindo un curso do máis natural e saudable.

21.6.24

Fin de curso 2023-24

Premer na imaxe para acceder á galería de fotos

E chegamos ao fin do curso 2023-24. Un curso de aprendizaxes vívidas e construtivas que compartimos, abrindo as portas do cole a tod@s, celebrando o Día da Familia.

Ao tempo, o alumnado de 6º de infantil e 6º de primaria celebraron as súas graduacións: entrega de diplomas, orlas, agasallos... Desexámoslles o mellor na nova travesía que iniciarán o vindeiro curso: en primaria e en secundaria.

Feliz verán a tod@s!

10.6.24

Despedindo o curso: "Día da Familia"


O venres 21 de xuño, último día lectivo do curso 2023-24, invitamos a comunidade á Xornada de Portas Abertas para compartir xogos populares, en familia, e actividades creativas nos postos dos nosos Laboratorios de Aprendizaxe: produtos finais da implementación dos mesmos ao longo do curso e variedade de actividades e recursos creativos.

Se hai dispoñibilidade, non dubidedes en compartir a xornada c@s vos@s fill@s para despedir un curso de aprendizaxes vívidas e construtivas.

21.6.23

Fin de curso 2022-23

Graduación 6º de infantil

Graduación 6º de primaria

Premer na imaxe para acceder á galería de fotos

Hoxe pechamos o curso 2022-23 coas graduacións de 6º de infantil e 6º de primaria. Un curso no que pechan unha etapa escolar para iniciar nova travesía, que seguro será tan frutífera e divertida como a que hoxe rematan.

Unha xornada moi emotiva e na que, despois de tres cursos, estivemos tod@s na despedida final e na posterior xuntanza: merenda ofrecida pola ANPA Ventorrillo e xogos en familia.

O vindeiro curso... nova singradura!

20.6.22

Graduación promoción 2013-2022



E chegados a fin de curso 2021-22, unha promoción máis que remata a súa andaina escolar no CEIP Milladoiro.

Unha celebración na que elas e eles foron protagonistas da súa graduación. Graduación emotiva e significativa porque viviron o último ciclo de Primaria como heroínas e heroes ante a covid-19, soportando protocolos sanitarios que cortaron a súa liberdade persoal e social. 

Desexámoslles feliz singradura, retomando a merecida liberdade e recordando que a súa escola sempre terá as portas abertas para tod@s.

24.6.21

Graduación promoción 2012-2021

 

O pasado martes 22 graduamos a promoción 2012-2021, un alumnado que se despide do CEIP Milladoiro con matrícula de honra, aínda que non é unha despedida porque saben que esta sempre será a súa casa. Unha xornada que estivo chea de emocións e que aquí vos deixamos o vídeo resumo do paso desta xeración polo noso centro. Podedes ver todas as fotos deste acto premendo no seguinte enlace: graduación.

Graduación sexto EP CEIP Milladoiro.mp4 from bemilladoiro on Vimeo.

11.7.19

Graduacións e Festa Fin de Curso

por fin podemos ofrecervos as imaxes do día final do curso coa súa ceremonia de Graduacións e a posterior festa de xogos en familia e visitas guiadas polo colexio coa intención de mostrarvos algúns dos traballos que fixemos durante o curso. Ata setembro!